Saltar ao contido principal

MESA SECTORIAL GALIZA - "HABEMUS MESA"


Pese a que varias organizacións sindicais pediron reiteradamente a suspensión da mesa sectorial de onte para adiala ata setembro (se cadra porque algún xa estaba de vacacións) a negativa da CIG fixo que finalmente se puidese celebrar non só a mesa sectorial senón unha mesa técnica específica de interinos. Se alguén non estaba dacordo con que se celebrase, tamén se podería ter levantado da mesa, pero non o fixo ninguén; IGUAL NON SOMOS TAN VALENTES NA MESA COMO NAS NOTAS.

Non sabemos dende cando a CIG ten tanto poder na DX (ou será que é máis razonable que algúns outros) pero o certo é que grazas a que onte non se supendeu a mesa:

a)      conseguimos.
-           Que se aprobase a creación de catro novas prazas de forenses no IMELGA


b)      sabemos:
-          Que  na nova bolsa de persoal interino se valorará a antigüidade dende 1992
-          Que se está a negociar con Facenda a creación de novas prazas e que estas serán en dúas quendas.
-          Que se vai a reverter a amortización dunha das dúas prazas de tramitación nas seccións penais das Audiencias Provinciais.
-          Que se elaborará unha orde para a expedición dunha tarxeta identificativa con código alfanumérico e sen nome para o persoal que sae á rúa
c)      pedimos:
-          que se convoquen máis mesas sectoriais e se elabore un calendario para tratar temas como a NOX de Ourense, os Xulgados de Violencia, LEXNET, etc… Fixemos ver á DX que no tempo no en que eles convocaron 10 (dende 2014), o Ministerio convocounos 39 veces.
-          Consolidación do maior número de prazas de longa duración, entre elas as do persoal de reforzo do IMELGA
-          Que se elabore un protocolo cos Corpos e Forzas de Seguridade para que exista un sistema, similar o que eles teñen, que alerte e dea preferencia aos avisos de urxencia procedentes de persoal de xustiza desenvolvendo o seu labor na rúa. Abordamos a necesidade de aumentar a seguridade tamén dentro dos órganos xudiciais.
-          Axilidade na adaptación do KRONOS á garda dos médicos forenses.

            O certo é que fronte ás malas formas dalgún representante sindical (recollidas na acta e quitadas a petición deste) que, aínda que dirixidas á representación da Administración, molestan a todos os/as presentes na mesa, a CIG é felicitada por ter feito o seu traballo (tamén recollido na acta), e non por iso somos menos belixerantes coa Administración, senón máis educados e respetuosos con todos os/as compañeiros/as. 

Comentarios

Publicacións populares deste blog

MESA SECTORIAL MINISTERIO - VINDEIRAS OPOSICIÓNS

A CIG ven de participar na Mesa Sectorial do Ministerio de Xustiza, xunto cos sindicatos representativos do sector (Ccoo, Ugt, Ela, así como os corporativos Csif e Staj). Nela tratouse a primeira valoración da Lei 20/2021 e o seu impacto na OEP 2019 e seguintes da Administración de Xustiza. O Ministerio de Xustiza xa está a tratar o tema coas distintas CCAA con transferencias na materia posto que a cada unha lle afecta en maior o menor medida. Respecto da promoción interna non lle ven posibles afectacións. Dende a CIG reclamamos a recuperación do 50% das prazas para a PI, así como unha convocatoria extraordinaria que permita recuperar as prazas perdidas. Como a norma afecta de xeito diferente a cada OEP, o Ministerio entende que non se poderán acumular entre elas, pero de atopar o xeito de facelo optarán por esta vía que será a máis áxil. O Ministerio entende que para a OEP do 2019 xa deberían ofertar polo sistema de concurso aquelas prazas que leven ocupadas con carácter temporal de f

POSIBLES DATAS DE EXAME DAS PROBAS DE ACCESO AOS CORPOS XERAIS - QUENDA LIBRE - SISTEMA DE OPOSICIÓN

Segundo comentou a administración, estase a valorar, como datas de posible celebración das probas selectivas para acceso polo sistema de oposición, na quenda libre, para os corpos de Xestión, Tramitación e Auxilio, ben algún dos fins de semana de xuño ou de xullo, coa intención ademais de facer coincidir os exercicios dos tres corpos na mesma fin de semana. Esta información debe de tomarse coa debida cautela, posto que no desenvolvemento dos procesos de oposición están implicadas moitas administracións e polo tanto resulta difícil concertar as datas de celebración.

URXENTE !!! PROCESOS DE ESTABILIZACIÓN - PETICIÓN CERTIFICACIÓN SERVIZOS PRESTADOS

Unha vez finalizados os prazos de presentación de instancias para os distintos procesos de estabilización e xa que os períodos de presentación de méritos son curtos, recomendámosvos que vaiades xuntando toda a documentación necesaria.  Para a acreditación dos servizos prestados, segundo nos informou o Ministerio de Xustiza, vai ser precisa unha certificación dos mesmos cando se traballase en territorio transferido como persoal interino ou se fixese algunha substitución.  Para evitar posibles apuros de última hora, podes ir solicitándoo xa seguindo estes doados pasos:  Accede á sede electrónica da Xunta premendo nesta ligazón:  https://sede.xunta.gal/tramites-e-servizos/solicitude-xenerica A continuación pedirache que te identifiques cun certificado dixital (vale a tarxeta profesional) e logo haberá que incluir nos campos indicados o texto que se indica na seguinte  imaxe. Finalmente debera de asinarse e presentarse dita solicitude a fin de que logo poda ser cursada pola adminitración