O Ministerio convocou para este martes unha reunión coas OOSS na que estivo presente o Ministro Catalá co único propósito de alardear da Oferta Pública de Emprego de 2017 e facer a foto cos sindicatos, porque non se prantexou ningunha novidade nin se tivo en conta as nosas manifestacións.
A CIG incidiu na falta de negociación previa e reiteramos a petición da oferta en PI do 100 por cento das prazas do paquete de estabilización de emprego, así como unha promoción interna real para todos os corpos, incluíndo xestión e lax.
Informáronos así mesmo de que, ao parecer, o grupo parlamentario popular vai presentar esta semana unha proposición no congreso para devolver os 3 días de asuntos propios que aínda nos deben.
Por outra banda, ante a pregunta da CIG, confirman que non hai cartos para nomear ningún xuíz
substituto máis este ano. Este problema terá más repercusión nos Xulgados de Violencia de Xénero exclusivos, nos que os xuíces de garda terán que facerse cargo, tamén en horario de mañán, de ditas actuacións.
Comentarios
Publicar un comentario