Esta mañá celebrouse unha mesa técnica na DX co fin de elaborar unha Orde que regule as comisións de servizo. A CIG, nas súas
alegacións, solicitou:
* Que se cubran por este sistema todas as prazas vacantes, aínda que xa estean provistas.
* Que se inclúan prazas non vacantes, como liberacións sindicais e excedencias con reserva de posto.
* Que se elimine o período mínimo de seis meses no posto para poder solicitar unha comisión.
* Que as prazas que, unha vez ofertadas queden desertas, se ofrezan a substitución vertical, e de non cubrirse tampouco así se acuda á bolsa de interinos.
* Que as prazas que deixen os adxudicatarios das comisións se oferten a substitución.
* Que non se penalicen as renuncias xustificadas.
* Que se regulen as comisións de servizo por circunstancias especiais de xeito que substitúa ao sistema aplicado actualmente. Ademais, que se inclúan dentro desas circunstancias (violencia sobre a muller, acoso laboral e causas graves de saúde) a conciliación da vida familiar para o persoal destinado fóra que teña fillos ou fillas menores residindo en Galiza.
Comentarios
Publicar un comentario