Saltar ao contido principal

CURSO SUPERIOR DE ADMINISTRACIÓN ELECTRÓNICA

A Escola Galega de Administración Pública, xunto coa Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia e o Colexio Profesional de Enxeñaría en Informática de Galicia, convoca un curso superior de Administración electrónica que comezará o próximo 30 de outubro.

Modalidade: mixta
Prazas: 50
Lugar: EGAP, Santiago de Compostela
Datas: desde o 30 de outubro ata o 20 de decembro (os días de clase e o horario aparecen especificados no DOG)
Duración: 114 horas lectivas (30 presenciais e 84 en teleformación)
Destinatarios: persoal empregado público das administracións públicas de Galicia, tanto autonómica como local e de xustiza, e das universidades do Sistema universitario de Galicia que se encadren nalgunha das seguintes categorías:
grupo A (subgrupos A1 e A2) do persoal funcionario
grupos I e II do persoal laboral
grupo C do persoal funcionario ou grupo III do persoal laboral incluído no ámbito de aplicación do V convenio colectivo único para o persoal da Xunta de Galicia que estea en posesión do título de ciclo superior de formación profesional relacionado coa informática.

Matrícula: desde as 8 horas do 14 de outubro ata as 23 horas do 24 de outubro en http://egap.xunta.gal/matricula. Excepto as persoas que pertenzan á Administración autonómica ou á Administración de xustiza, todos/as os/as solicitantes deberán enviar un correo electrónico a novas.egap@xunta.gal, achegando un certificado acreditativo da súa condición de persoal empregado público e do grupo e/ou categoría a que pertencen.

Ligazón ficha do curso:
http://egap.xunta.gal/egapolis/public/fichaCursoPDF?codigo=CV17033 

Comentarios

Publicacións populares deste blog

MOBILIZACIÓNS EN MADRID SOBRE NEGOCIACIÓN DA LOEO, DETALLE DE FUNCIÓNS E MELLORAS SALARIAIS

  As/os delegadas/os da CIG Xustiza estiveron esta mañá na concentración convocada diante do Ministerio en Madrid apoiando as mobilizacións que se están a levar a cabo solicitando a paralización da tramitación da LOEO, unha regulación máis detallada das funcións dos distintos corpos así como un aumento salarial acorde a esas funcións.

NOVOS PERMISOS FAMILIARES EBEP

Mentras non se mude a OPAX haberá que facer a petición dos permisos a través dos modelos que vos deixamos na ligazón. Ligazón folla informativa e modelos: https://drive.google.com/file/d/1MPr5QqScvQRMwysy7gh6SzErzD0lrRKo/view?usp=sharing

MANIFESTACIÓN EN MADRID REIVINDICANDO MELLORAS NA LOEO, FUNCIÓNS E RETRIBUCIÓNS

Manifestación en Madrid sobre reclamación de melloras na negociación da LOEO, detalle de funcións e melloras retributivas para todo o estado.