O pasado venres 10 de novembro en Vigo e, durante toda a semana, celebraronse, polas sete centrais sindicais con representación na Administración de Xustiza en Galiza, asembleas de traballadoras/es para informar das medidas de presión que imos adoptar como consecuencia da falta absoluta de negociación por parte da Dirección Xeral e da Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Admóns. Públicas e Xustiza da Xunta de Galiza ante temas tan importantes para os traballadores como son os descontos por baixas de enfermidade, a consolidación de prazas de reforzo de máis de tres anos, dos plans de amortizacións, do pagamento do 100% das substitucións e, por suposto, da actualización do CAT (complemento autonómico transitorio) que nestes intres é o de menor contía entre as comunidades con transferencias de xustiza e logo dun grandisimo sacrificio levado a cabo durante estes últimos catro anos no que o goberno do Sr. Feijoo, nos retirou a totalidade de dito complemento nos meses de xuño e decembro. Para ter que reternos os cartos si somos empregados da función pública galega, pero para que as traballadoras preñadas da administración de xustiza gocen de 18 semanas por baixa maternal non o somos. Esta é a igualdade que defende o Sr. Feijoo e o seu goberno do PP.
A CIG ven de participar na Mesa Sectorial do Ministerio de Xustiza, xunto cos sindicatos representativos do sector (Ccoo, Ugt, Ela, así como os corporativos Csif e Staj). Nela tratouse a primeira valoración da Lei 20/2021 e o seu impacto na OEP 2019 e seguintes da Administración de Xustiza. O Ministerio de Xustiza xa está a tratar o tema coas distintas CCAA con transferencias na materia posto que a cada unha lle afecta en maior o menor medida. Respecto da promoción interna non lle ven posibles afectacións. Dende a CIG reclamamos a recuperación do 50% das prazas para a PI, así como unha convocatoria extraordinaria que permita recuperar as prazas perdidas. Como a norma afecta de xeito diferente a cada OEP, o Ministerio entende que non se poderán acumular entre elas, pero de atopar o xeito de facelo optarán por esta vía que será a máis áxil. O Ministerio entende que para a OEP do 2019 xa deberían ofertar polo sistema de concurso aquelas prazas que leven ocupadas con carácter temporal de f
Comentarios
Publicar un comentario