Saltar ao contido principal

CONVOCATORIAS PROCESOS SELECTIVOS ACCESO AOS CORPOS DE XESTIÓN, TRAMITACIÓN E AUXILIO - QUENDA LIBRE

No día de hoxe, 30/11/2017, saen publicadas no BOE as respectivas Ordes de convocatoria dos procesos selectivos para acceso aos corpos de Xestíon, Tramitación e Auxilio Xudicial da Administración de Xustiza pola quenda libre.
A presentación de solicitudes realizarase no prazo de VINTE (20) DÍAS HÁBILES a partires do día seguinte ao da súa publicación no Boletín Oficial do Estado. A non presentación desta en tempo e forma suporá a exclusión da/o aspirante.
De conformidade co establecido na base 5.3 da convocatoria, a inscrición e pagamento deberá realizarse vía telemática, accedendo a  ligazón que aparece abaixo desta información  e buscando a convocatoria correspondente ao corpo para o que se queira participar, premendo a continuación no enlace que pon  "inscribirse". Logo de solicitar a inscrición na convocatoria correspondente debe premer en "Acceder a Cl@ve”, empregando un dos seguintes medios:

-Certificado dixital válido de persoas físicas, (máis información: http://firmaelectronica.gob.es e en https://www.dnielectronico.es/).
-Cl@ve PIN
-Cl@ve permanente

OLLO, QUE PARA PODER PAGAR A INSTANCIA DEBE TERSE CONTA ABERTA NALGUNHA DAS ENTIDADES BANCARIAS INDICADAS NA SEGUINTE LIGAZÓN https://www5.aeat.es/es13/h/pago007h.html, XA QUE LOGO, NOUTRO CASO, HABERÍA QUE FACER A SOLICITUDE DE XEITO MANUAL, TAL E COMO ESTABLECEN AS BASES 5.3 DAS RESPECTIVAS CONVOCATORIAS.

Ligazón convocatoria Xestión:

Ligazón convocatoria Tramitación:

Ligazón convocatoria Auxilio Xudicial:

Ligazón solicitude electrónica

Comentarios

Publicacións populares deste blog

MOBILIZACIÓNS EN MADRID SOBRE NEGOCIACIÓN DA LOEO, DETALLE DE FUNCIÓNS E MELLORAS SALARIAIS

  As/os delegadas/os da CIG Xustiza estiveron esta mañá na concentración convocada diante do Ministerio en Madrid apoiando as mobilizacións que se están a levar a cabo solicitando a paralización da tramitación da LOEO, unha regulación máis detallada das funcións dos distintos corpos así como un aumento salarial acorde a esas funcións.

NOVOS PERMISOS FAMILIARES EBEP

Mentras non se mude a OPAX haberá que facer a petición dos permisos a través dos modelos que vos deixamos na ligazón. Ligazón folla informativa e modelos: https://drive.google.com/file/d/1MPr5QqScvQRMwysy7gh6SzErzD0lrRKo/view?usp=sharing

MANIFESTACIÓN EN MADRID REIVINDICANDO MELLORAS NA LOEO, FUNCIÓNS E RETRIBUCIÓNS

Manifestación en Madrid sobre reclamación de melloras na negociación da LOEO, detalle de funcións e melloras retributivas para todo o estado.