Hai que advertir que aquelas persoas que soliciten a súa participación nos procesos selectivos da quenda libre para acceso aos corpos de Xestíon, Tramitación e Auxilio, e realicen o pagamento a través de conta bancaria, deben de ter en conta que si o seu codigo de conta ven do antigo BANESTO e a conta empeza por 0030, non se pode seleccionar como entidade bancaria BANCO SANTANDER se non que hai que seleccionar Banesto, porque se non a plataforma de inscrición da un erro e non realiza correctamente o proceso.
A CIG ven de participar na Mesa Sectorial do Ministerio de Xustiza, xunto cos sindicatos representativos do sector (Ccoo, Ugt, Ela, así como os corporativos Csif e Staj). Nela tratouse a primeira valoración da Lei 20/2021 e o seu impacto na OEP 2019 e seguintes da Administración de Xustiza. O Ministerio de Xustiza xa está a tratar o tema coas distintas CCAA con transferencias na materia posto que a cada unha lle afecta en maior o menor medida. Respecto da promoción interna non lle ven posibles afectacións. Dende a CIG reclamamos a recuperación do 50% das prazas para a PI, así como unha convocatoria extraordinaria que permita recuperar as prazas perdidas. Como a norma afecta de xeito diferente a cada OEP, o Ministerio entende que non se poderán acumular entre elas, pero de atopar o xeito de facelo optarán por esta vía que será a máis áxil. O Ministerio entende que para a OEP do 2019 xa deberían ofertar polo sistema de concurso aquelas prazas que leven ocupadas con carácter temporal de f
Comentarios
Publicar un comentario