Saltar ao contido principal

NOTA DE PRENSA ANTE A FALTA DE CONVOCATORIA DO COMITÉ DE FOLGA ANTES DO PARO DO VINDEIRO 25 DE XANEIRO


Tras as afirmacións do Vicepresidente da Xunta de Galicia e máximo responsable da Xustiza, Alfonso Rueda, sobre o conflito na Xustiza Galega, onde afirmaba que existían “avances” na negociación entre o Comité de folga (SPJ-USO, AXG-CUT, UGT, CSIF, STAJ, CIG, CCOO) e a Dirección Xeral de Xustiza, e aseguraba que o martes produciríase unha nova reunión onde a Consellería melloraría “sustancialmente” a súa oferta, o único que hai son mentiras ás que agora temos que engadirlle o desprezo ao Comité de Folga e ao Consello de Relacións Laborais.
As boas sensacións da reunión do pasado día nove disipáronse, e voltan polo camiño da non negociación e da irresponsabilidade. Para hoxe, martes 16 de xaneiro, estaba prevista a 6ª reunión entre o Comité de Folga e a Xunta de Galicia coa mediación da Presidenta de Consello de Relacións Laborais, que xa fora adiada o xoves pasado. A reunión, SEN PREVIO AVISO E SEN NINGUNHA EXPLICACIÓN por parte da Xunta de Galicia, non tivo lugar. Agora mesmo non solo non sabemos cando haberá unha nova reunión, se non que nin tan sequera temos claro si a haberá antes da folga do dia 25.
Ás faltas de respecto aos traballadores e a cidadanía a que se lle minte, temos que engadir que o distanciamento entre as posturas é moi importante, sobre todo porque se ben é certo que nalgún punto houbo avances, aínda que insuficientes, noutros, especialmente os que se refiren a discriminación dos traballadores da Xustiza Galega con respecto ao resto do Estado, non existe avance.
A maiores temos que recordarlle ao Vicepresidente que dende o ano 2010 somos os traballadores que menos cobramos mensualmente de todas as CC.AA coas competencias transferidas (Andalucia, Navarra, Euskadi, Madrid, Asturias, Cantabria, Canarias, Aragón, Valencia, Cataluña).
Con respecto a discriminación sanitaria a Xunta segue sen aceptar regular as incapacidades laborais igual que os traballadores da Xustiza do propio Ministerio de Xustiza, Canarias, Madrid, Navarra, Aragón...., Maxistrados, Fiscais e Letrados Xudicias.
No punto da consolidación de emprego houbo algún acercamento. A Xunta presentou a relación de prazas de reforzo que levan 3 ou mais anos sen cubrirse con persoal titular xunta dun plan para a consolidación de 36 prazas. Neste punto estamos pendentes de aclarar algunhas diferenzas nas datas de creación dalgunha praza e negociar cales serían as 36 prazas a consolidar.
No plan de amortización de 106 prazas que a Xunta aprobou no ano 2013 a Xunta aceptou paralizalo e recuperar as prazas que se amortizaron dende o ano 2013, salvo algunha excepción. Pendentes dalgunha aclaración, e sobre todo dos prazos para recuperar estas prazas neste punto o acordo está máis cercano.
No único punto que existe un acordo absoluto entre a Administración e o Comité de folga é para lograr que os traballadores que fagan o seu traballo noutro posto de superior categoría cobren o 100% das retribucións do posto no que desempeña as súas funcións.
Ante as faltas de respecto da Xunta de Galicia e, sobre todo, o distanciamento nas propostas do Comité e a Xunta o pasado día 11 de xaneiro presentamos a comunicación de manifestación o día 25 de xaneiro en Compostela, coincidindo co terceiro día de folga na Xustiza Galega.
Á manifestación están convocados os 2.500 traballadores da Administración de Xustiza Galega. Os centos de xuízos, actuacións xudiciais, declaracións, etc..... que se suspendan serán responsabilidade unicamente do Conselleiro Alfonso Rueda que é quen mantén discriminados aos traballadores galegos con respecto ao resto do Estado.

Comentarios

Publicacións populares deste blog

NOVOS PERMISOS FAMILIARES EBEP

Mentras non se mude a OPAX haberá que facer a petición dos permisos a través dos modelos que vos deixamos na ligazón. Ligazón folla informativa e modelos: https://drive.google.com/file/d/1MPr5QqScvQRMwysy7gh6SzErzD0lrRKo/view?usp=sharing

ERRO MONUMENTAL NAS VACANTES DO VINDEIRO CONCURSO DE TRASLADOS

A media mañá de hoxe venres recibimos unha chamada da Subdirectora Xeral de Persoal da Adminstración de Xutiza de Galiza informándonos de que se vai ver modificada a lista de vacantes que se ofertarán no concurso. A razón é que se convocaron para a oposición un maior número de prazas das que agora teñen dispoñibles para outorgar destino, polo que se tivo que tomar a decisión de retirar do concurso aquelas prazas que non tiveran sido cubertas a resultas no do ano pasado. Entendemos que é un problema grave ao que a Dirección Xeral ten que buscar solución e que ningún aprobado/a se debe ver prexudicado/a pola mala previsión das persoas responsables, pero ofertando un menor número de prazas estase aminorando tamén a posibilidade de que os compañeiros e compañeiras que están destinados/as fóra de Galiza ou lonxe do seu domicilio poidan acadar unha praza máis próxima. Denunciamos polo tanto o mal facer da Administración neste caso así como o prexuízo que se está a causar ás persoas que quere

PARABENS Á SUBIDA SALARIAL ACADADA EN EUSKADI

Desde CIG-Xustiza queremos parabenizar as e os compañeiras/os de Euskadi polo acordo alcanzado onte co Goberno Vasco. Dito acordo supón un aumento retributivo do 13% e recolle a reivindicación histórica do colectivo de equiparar os salarios as táboas do persoal homologado da Administración Xeral da Comunidade Autónoma Vasca. As asambleas de traballadores e traballadoras celebradas no día de onte nas 3 cidades vascas ratificaron este acordo que supón o seguinte:  • Respétase a modalidade da xornada de I persoal de xustiza con todas as súas especificidades, incluído os días que resultan do exceso. • Incremento das retribucións brutas anuais nas seguintes cantidades:   FORENSES : 3.254,76€  XESTIÓN: 4.611,32€  TRAMITACIÓN: 4.007,64€  AUXILIO: 3.461,08€ • O abono das cantidades sería un 50% a sinatura do acordo e outro 50% o 1 de xaneiro de 2024, momento no que se vería alcanzada a equiparación salarial • Recoñécese un plus salarial para as traballadoras nos Xulgados de Violencia contr