Por indicación do Director Xeral de Xustiza convocouse unha nova mesa de negociación, co comité de folga, para o vindeiro mércores, 31 de xaneiro, as 12:00 horas, na EGAP.
As/os delegadas/os da CIG Xustiza estiveron esta mañá na concentración convocada diante do Ministerio en Madrid apoiando as mobilizacións que se están a levar a cabo solicitando a paralización da tramitación da LOEO, unha regulación máis detallada das funcións dos distintos corpos así como un aumento salarial acorde a esas funcións.
Comentarios
Publicar un comentario