Onte, 31 de maio, sairon publicadas no DOG as bases reguladoras que rexerán as
axudas á conciliación da vida familiar e laboral, por redución da
xornada de traballo, como medida de fomento da conciliación e
corresponsabilidade.
Poderán ser beneficiarias destas axudas as persoas físicas, homes ou familias monoparentais (homes ou mulleres) que, entre o 1 de xuño de 2017 e o 30 de xuño de 2018 inclusive, tivesen unha situación de redución da súa xornada de traballo para o coidado de fillos e fillas menores de tres anos ou menores de 12 anos no suposto de que padezan unha discapacidade recoñecida de porcentaxe igual ou superior ao 33 %. No suposto de adopción ou de acollemento familiar, para ter dereito a axuda non poderán ter transcorrido máis de tres anos desde a data da decisión administrativa ou xudicial de acollemento ou adopción e, en todo caso, a filla ou fillo terá que ser menor de 12 anos.
Entre outros, deberán cumprir os seguintes requisitos ou condicións:
a) estar empadroado en Galiza, polo menos cun ano de antelación ao inicio do período subvencionado;
b) convivir coa filla ou fillo;
c) de ser o caso, a persoa cónxuxe ou parella debe estar traballando;
d) ter uns ingresos non superiores a 5,5 veces o IPREM segundo a declaración do IRPF do último período impositivo con prazo de presentación vencido (2016).
A contía das axudas establécese en función da porcentaxe de redución da xornada laboral e da súa duración, e en atención ao número de fillas e fillos menores de 12 anos, nun abano que vai desde 1.700 € e ata 3.700 €. Cando a xornada se realice a tempo parcial, ou cando o período subvencionable sexa inferior ao máximo (8 meses), as contías das axudas reduciranse proporcionalmente.
Hai de prazo até o 1 de xullo de 2018.
Podes consultar a orde completa das axudas nesta ligazón ou no arquivo que se achega con esta nova

Comentarios
Publicar un comentario