Na intranet xudicial publicouse a Circular pola que se comuníca que o programa de control horario, dende o vindeiro 16 de xuño ata o 15 de setembro de 2018 permitirá que a fichaxe da xornada laboral no horario flexible poida realizarse de luns a venres dende as 7.30 horas ata as 9.00 horas.
Lémbrase asimesmo que o tempo fixo continuado de obrigada presencia é de cinco horas e media, de luns a venres, entre as 8.30 horas e as 14.30 horas, de tal forma que a xornada laboral non poderá rematar antes das 14.00 horas.
Durante a xornada de verán, o control horario do persoal que realiza prolongacións de xornada adaptarase para aplicar unha redución equivalente (2 horas e media semanais) á que se lle aplica ao persoal que non realiza a prolongación de xornada.
Ligazón Circular:
Comentarios
Publicar un comentario