Saltar ao contido principal

INAUDITO, HORAS EXTRA NA ADMÓN. DE XUSTIZA. CHEGARON AS PEONADAS Á ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA A TRAVÉS DOS PLANS DE ACTUACIÓN.

Ponse á disposición do persoal ao servizo da Administración de xustiza en Galicia o modelo de solicitude para o caso de que desexe participar no plan de recuperación do traballo previsto na cláusula 8ª do Acordo de 23/05/2018
O número de horas e número de días á semana de duración do plan axustarase en función da carga de traballo nos distintos centros de traballo e do número de solicitantes. O importe da hora extraordinaria correspondente a cada corpo é o seguinte: (A2-Corpo Xestión): 29,97 €, (C1-Corpo Tramitación): 22,66 €; (C2-Corpo Auxilio): 17,03 €.
A dita solicitude deberá remitirse ao enderezo electrónico que figura no propio impreso antes das 14:00 horas do vindeiro  xoves 7  xuño de 2018, poñendo como nome do arquivo ApelidosNome_DNI_Participacion_PR, é dicir, no nome do arquivo da solicitude deben de firgurar os apelidos, nome e dni do interesado no formato indicado. O persoal que non poda realizar a solicitude por estar de vacacións, permisos ou licenzas, poderá facelo nun prazo de 5 días dende a reincorporación ao seu posto de traballo.

Ligazón modelo de solicitude (cubrir no ordenador):

Comentarios

Publicacións populares deste blog

NOVOS PERMISOS FAMILIARES EBEP

Mentras non se mude a OPAX haberá que facer a petición dos permisos a través dos modelos que vos deixamos na ligazón. Ligazón folla informativa e modelos: https://drive.google.com/file/d/1MPr5QqScvQRMwysy7gh6SzErzD0lrRKo/view?usp=sharing

ERRO MONUMENTAL NAS VACANTES DO VINDEIRO CONCURSO DE TRASLADOS

A media mañá de hoxe venres recibimos unha chamada da Subdirectora Xeral de Persoal da Adminstración de Xutiza de Galiza informándonos de que se vai ver modificada a lista de vacantes que se ofertarán no concurso. A razón é que se convocaron para a oposición un maior número de prazas das que agora teñen dispoñibles para outorgar destino, polo que se tivo que tomar a decisión de retirar do concurso aquelas prazas que non tiveran sido cubertas a resultas no do ano pasado. Entendemos que é un problema grave ao que a Dirección Xeral ten que buscar solución e que ningún aprobado/a se debe ver prexudicado/a pola mala previsión das persoas responsables, pero ofertando un menor número de prazas estase aminorando tamén a posibilidade de que os compañeiros e compañeiras que están destinados/as fóra de Galiza ou lonxe do seu domicilio poidan acadar unha praza máis próxima. Denunciamos polo tanto o mal facer da Administración neste caso así como o prexuízo que se está a causar ás persoas que quere

PARABENS Á SUBIDA SALARIAL ACADADA EN EUSKADI

Desde CIG-Xustiza queremos parabenizar as e os compañeiras/os de Euskadi polo acordo alcanzado onte co Goberno Vasco. Dito acordo supón un aumento retributivo do 13% e recolle a reivindicación histórica do colectivo de equiparar os salarios as táboas do persoal homologado da Administración Xeral da Comunidade Autónoma Vasca. As asambleas de traballadores e traballadoras celebradas no día de onte nas 3 cidades vascas ratificaron este acordo que supón o seguinte:  • Respétase a modalidade da xornada de I persoal de xustiza con todas as súas especificidades, incluído os días que resultan do exceso. • Incremento das retribucións brutas anuais nas seguintes cantidades:   FORENSES : 3.254,76€  XESTIÓN: 4.611,32€  TRAMITACIÓN: 4.007,64€  AUXILIO: 3.461,08€ • O abono das cantidades sería un 50% a sinatura do acordo e outro 50% o 1 de xaneiro de 2024, momento no que se vería alcanzada a equiparación salarial • Recoñécese un plus salarial para as traballadoras nos Xulgados de Violencia contr