Saltar ao contido principal

PUBLICACIÓN NORMATIVA DE CONFECCIÓN DAS LISTAXES DE PERSOAL INTERINO DE XUSTIZA

Publicada no DOG de hoxe a ORDE do 4 de outubro de 2018 sobre selección e nomeamento de persoal interino para cubrir postos de persoal funcionario dos corpos xerais ao servizo
da Administración de xustiza en Galiza.
Na intranet xudicial publicouse tamén a seguinte información:
"A citada norma entra en vigor aos 15 días da súa publicación no DOG.
 A disposición adicional terceira da citada norma establece que:
"O persoal interino e as persoas que figuren incluídas nas bolsas de traballo e de reserva estarán obrigados a relacionarse coa Administración a través de medios electrónicos, así como a recibir por medios electrónicos as notificacións e comunicacións que se lles dirixan, para o que deberán formalizar as correspondentes altas nos sistemas habilitados pola Administración para estes efectos.
Para dar cumprimento ás obrigas derivadas desta orde, tanto o persoal interino que estea prestando servizos coma as persoas que figuran incluídas nas vixentes bolsas de traballo e reserva disporán do prazo de 10 días, contados a partir do día seguinte ao da publicación desta norma no Diario Oficial de Galicia, para formalizaren a alta no sistema Notific@. Finalizado o dito prazo, a Administración creará de oficio o enderezo habilitado único daquel persoal que non tramitase a alta no sistema Notific@."
Poderase dar de alta no Notific@ neste enderezo:  https://notifica.xunta.gal

Ligazón Orde:

Comentarios

Publicacións populares deste blog

MOBILIZACIÓNS EN MADRID SOBRE NEGOCIACIÓN DA LOEO, DETALLE DE FUNCIÓNS E MELLORAS SALARIAIS

  As/os delegadas/os da CIG Xustiza estiveron esta mañá na concentración convocada diante do Ministerio en Madrid apoiando as mobilizacións que se están a levar a cabo solicitando a paralización da tramitación da LOEO, unha regulación máis detallada das funcións dos distintos corpos así como un aumento salarial acorde a esas funcións.

NOVOS PERMISOS FAMILIARES EBEP

Mentras non se mude a OPAX haberá que facer a petición dos permisos a través dos modelos que vos deixamos na ligazón. Ligazón folla informativa e modelos: https://drive.google.com/file/d/1MPr5QqScvQRMwysy7gh6SzErzD0lrRKo/view?usp=sharing

MANIFESTACIÓN EN MADRID REIVINDICANDO MELLORAS NA LOEO, FUNCIÓNS E RETRIBUCIÓNS

Manifestación en Madrid sobre reclamación de melloras na negociación da LOEO, detalle de funcións e melloras retributivas para todo o estado.