Saltar ao contido principal

UXT, CCOO E USO INCAPACES DE NEGOCIAR A PERCEPCIÓN DO 100% DO SALARIO EN SITUACIÓNS DE BAIXA POR ENFERMIDADE

Dada a nula actividade das organizacións UXT, CCOO e USO no sector de xustiza para obrigar a administración autonómica a modificar a regulamentación de baixas por IT, na pasada Mesa Xeral de Función pública (na que non está presente USO pero si UXT e CCOO), a CIG solicitou que na modificación da Lei de Emprego Público de Galiza (concretamente a partir da nova redacción dada ao Artigo 146.3 que se estaba a propoñer nesa mesa) se incluíse tamén, a través dunha disposición adicional, unha reforma do Decreto 169/2013 ou ben unha disposición derrogatoria que indicase a anulación do citado Decreto no que se opuxera á citada lei, co que se aforraría tempo para implementar dita medida no sector de xustiza e así se faría de xeito uniforme en todo o persoal adscrito á Comunidade Autónoma. Coma sempre, Función Pública fixo oidos xordos a esta petición, indicando que o eido de negociación era a Mesa Xeral de Xustiza, que non é convocada dende fai moitos meses, a pesares das múltiples peticións realizadas pola CIG; curiosamente, para reternos cartos as funcionarias/os da administración de xustiza si se pode facer a través dunha lei autonómica pero, devolvernos os nosos dereitos sobre as baixas laborais e a percepción do 100% do salario en calquera situación de baixa, non é posible e require unha negociación propia que esta Dirección Xeral de Xustiza non está a proporcionar.

Por todo iso a CIG ven de solicitar da Dirección Xeral de Xustiza que, optando pola vía que se considere máis rápida (a inclusión dun texto negociado na Lei de Emprego Público de Galiza ou a modificación directa do Decreto de baixas por IT) , se proceda dunha vez a modificar ou derrogar dito Decreto e se permita o cobro do 100% do salario en todas as situacións de baixa por enfermidade.

Comentarios

Publicacións populares deste blog

NOVOS PERMISOS FAMILIARES EBEP

Mentras non se mude a OPAX haberá que facer a petición dos permisos a través dos modelos que vos deixamos na ligazón. Ligazón folla informativa e modelos: https://drive.google.com/file/d/1MPr5QqScvQRMwysy7gh6SzErzD0lrRKo/view?usp=sharing

ERRO MONUMENTAL NAS VACANTES DO VINDEIRO CONCURSO DE TRASLADOS

A media mañá de hoxe venres recibimos unha chamada da Subdirectora Xeral de Persoal da Adminstración de Xutiza de Galiza informándonos de que se vai ver modificada a lista de vacantes que se ofertarán no concurso. A razón é que se convocaron para a oposición un maior número de prazas das que agora teñen dispoñibles para outorgar destino, polo que se tivo que tomar a decisión de retirar do concurso aquelas prazas que non tiveran sido cubertas a resultas no do ano pasado. Entendemos que é un problema grave ao que a Dirección Xeral ten que buscar solución e que ningún aprobado/a se debe ver prexudicado/a pola mala previsión das persoas responsables, pero ofertando un menor número de prazas estase aminorando tamén a posibilidade de que os compañeiros e compañeiras que están destinados/as fóra de Galiza ou lonxe do seu domicilio poidan acadar unha praza máis próxima. Denunciamos polo tanto o mal facer da Administración neste caso así como o prexuízo que se está a causar ás persoas que quere

PARABENS Á SUBIDA SALARIAL ACADADA EN EUSKADI

Desde CIG-Xustiza queremos parabenizar as e os compañeiras/os de Euskadi polo acordo alcanzado onte co Goberno Vasco. Dito acordo supón un aumento retributivo do 13% e recolle a reivindicación histórica do colectivo de equiparar os salarios as táboas do persoal homologado da Administración Xeral da Comunidade Autónoma Vasca. As asambleas de traballadores e traballadoras celebradas no día de onte nas 3 cidades vascas ratificaron este acordo que supón o seguinte:  • Respétase a modalidade da xornada de I persoal de xustiza con todas as súas especificidades, incluído os días que resultan do exceso. • Incremento das retribucións brutas anuais nas seguintes cantidades:   FORENSES : 3.254,76€  XESTIÓN: 4.611,32€  TRAMITACIÓN: 4.007,64€  AUXILIO: 3.461,08€ • O abono das cantidades sería un 50% a sinatura do acordo e outro 50% o 1 de xaneiro de 2024, momento no que se vería alcanzada a equiparación salarial • Recoñécese un plus salarial para as traballadoras nos Xulgados de Violencia contr