Despois de máis de seis meses de rematar a Folga da Xustiza, hai delegadas e delegados sindicais que están a padecer a REPRESIÓN SINDICAL por ter exercido a súa labor durante a folga. É o caso da nosa compañeira Chelo, que está pendente dun expediente disciplinario e de dous xuízos por delitos, por mor de dúas denuncias da Fiscalía provincial, por feitos acontecidos durante a folga, o primeiro deles co xuíz de Instrución nº 4 e o segundo coa Letrada do xulgado do Penal nº 6. O primeiro xuízo celebrarase o próximo día 3 de decembro no xulgado de instrución nº 8 da Coruña e o segundo está aínda en fase de instrución no xulgado nº 1, sendo Chelo investigada xunto con Xabier, delegado da CUT . A CIG coincidindo coa celebración do primeiro dos xuízos, convoca unha concentración en apoio da nosa compañeira e contra a represión sindical.
LUNS 3 DE DECEMBRO ÁS 9.15 H.
DIANTE DO EDIFICIO DA ANTIGA AUDIENCIA.- R) Capitán Juan Varela.
LUNS 3 DE DECEMBRO ÁS 9.15 H.
DIANTE DO EDIFICIO DA ANTIGA AUDIENCIA.- R) Capitán Juan Varela.
Comentarios
Publicar un comentario