O Ministerio de Xustiza acaba de informar que está previsto que o 16 de novembro saia publicada a
convocatoria do concurso xenérico para o Corpo de Médicos Forenses.
As/os delegadas/os da CIG Xustiza estiveron esta mañá na concentración convocada diante do Ministerio en Madrid apoiando as mobilizacións que se están a levar a cabo solicitando a paralización da tramitación da LOEO, unha regulación máis detallada das funcións dos distintos corpos así como un aumento salarial acorde a esas funcións.
Comentarios
Publicar un comentario