Saltar ao contido principal

EN GALIZA VENDÉRONNOS DESPOIS DE CONVOCAR A FOLGA, EN MADRID VENDÉRONNOS XA ANTES DE CONVOCALA.

CCOO, UGT, CSIF e STAJ unha vez máis negociaron nos despachos, de costas aos traballadores e ao resto de centrais sindicais que forman a Mesa Sectorial do Ministerio de Xustiza en Madrid (CIG e ELA).
Negociaron, por dicir algo, e non sabemos a cambio de que, a devolución dos tres días de asuntos propios, algo que xa estaba concedido en palabras da Ministra, e nos atopamos cunha modificación da LOPX, no seu artigo 521, que é o maior retroceso en dereitos dos/as traballadores/as da Admón de Xustiza; emenda que xa introduciu o PP en febreiro de 2018.

Do mesmo xeito, non modificaron o artigo 504 que é o que regula os descontos por IT, o que suporá unha discriminación flagrante con respecto ao persoal do resto das Administracións Públicas que xa non teñen descontos neste momento.
É posible que as centrais estatais, CCOO,UGT,CSIF e STAJ, coa súa corte de asesores e liberados, fosen descoñecedores do texto que se levou ao Congreso para votación??
Non. Sabemos polos grupos parlamentarios que foi negociado con eles nos despachos e cunha proposta de deixalo sen efecto ata que se negocie e aprobe o Regulamento, ou ben introducindo unha emenda na Lei Orgánica de Violencia de Xénero que se vai modificar.
Preguntámonos tamén, porque estes catro sindicatos non quixeron que CIG e ELA, que forman parte da Mesa Sectorial coma eles, non estivesen presentes nas negociacións, con convocatoria de Mesa Sectorial, conforme ás normas da Negociación colectiva. De que tiñan medo? Sómoslle incómodos?
Non entendemos o sentido das mobilizacións, agás para un lavado de cara e un xeito de quedar ben ante os/as traballadores/as, cando eles son partícipes de tamaño despropósito, conxuntamente co Ministerio.
Non imos entrar no que supón a reforma, que é un novo ataque ao persoal, auspiciado unha vez máis por estes sindicatos estatais, dada a súa ineficacia e a complicidade coa administración.
Pola nosa parte, como non debemos favores á administración, seguiremos a traballar na defensa dos dereitos das traballadoras, pero non imos entrar na PANTOMIMA e LAVADO DE CARA creada pola administración e os sindicatos colaboracionistas, de folgas e mobilizacións hipócritas e sen sentido ningún.

Comentarios

Publicacións populares deste blog

NOVOS PERMISOS FAMILIARES EBEP

Mentras non se mude a OPAX haberá que facer a petición dos permisos a través dos modelos que vos deixamos na ligazón. Ligazón folla informativa e modelos: https://drive.google.com/file/d/1MPr5QqScvQRMwysy7gh6SzErzD0lrRKo/view?usp=sharing

ERRO MONUMENTAL NAS VACANTES DO VINDEIRO CONCURSO DE TRASLADOS

A media mañá de hoxe venres recibimos unha chamada da Subdirectora Xeral de Persoal da Adminstración de Xutiza de Galiza informándonos de que se vai ver modificada a lista de vacantes que se ofertarán no concurso. A razón é que se convocaron para a oposición un maior número de prazas das que agora teñen dispoñibles para outorgar destino, polo que se tivo que tomar a decisión de retirar do concurso aquelas prazas que non tiveran sido cubertas a resultas no do ano pasado. Entendemos que é un problema grave ao que a Dirección Xeral ten que buscar solución e que ningún aprobado/a se debe ver prexudicado/a pola mala previsión das persoas responsables, pero ofertando un menor número de prazas estase aminorando tamén a posibilidade de que os compañeiros e compañeiras que están destinados/as fóra de Galiza ou lonxe do seu domicilio poidan acadar unha praza máis próxima. Denunciamos polo tanto o mal facer da Administración neste caso así como o prexuízo que se está a causar ás persoas que quere

PARABENS Á SUBIDA SALARIAL ACADADA EN EUSKADI

Desde CIG-Xustiza queremos parabenizar as e os compañeiras/os de Euskadi polo acordo alcanzado onte co Goberno Vasco. Dito acordo supón un aumento retributivo do 13% e recolle a reivindicación histórica do colectivo de equiparar os salarios as táboas do persoal homologado da Administración Xeral da Comunidade Autónoma Vasca. As asambleas de traballadores e traballadoras celebradas no día de onte nas 3 cidades vascas ratificaron este acordo que supón o seguinte:  • Respétase a modalidade da xornada de I persoal de xustiza con todas as súas especificidades, incluído os días que resultan do exceso. • Incremento das retribucións brutas anuais nas seguintes cantidades:   FORENSES : 3.254,76€  XESTIÓN: 4.611,32€  TRAMITACIÓN: 4.007,64€  AUXILIO: 3.461,08€ • O abono das cantidades sería un 50% a sinatura do acordo e outro 50% o 1 de xaneiro de 2024, momento no que se vería alcanzada a equiparación salarial • Recoñécese un plus salarial para as traballadoras nos Xulgados de Violencia contr