Saltar ao contido principal

SOLICITUDE DE DIAS ADICIONAIS DOS ANOS 2017 E 2018

En relación co gozo dos días adicionais correspondentes aos anos 2017 e 2018 a que fai referencia a disposición transitoria segunda da Lei orgánica 4/2018, do 28 de decembro, de reforma da Lei orgánica 6/1985, do 1 de xullo, do poder xudicial, o persoal funcionario deberá solicitar eses días adicionais cubrindo a solicitude de permiso de asuntos propios dispoñible na aplicación informática OPAX, indicando no campo "A cargo do ano administrativo" o ano 2018 e debendo facer constar no campo "Observacións" o ano ao que corresponden os días solicitados (2017 ou 2018).

A solicitude dos referidos días será posible facela na OPAX a partir do 31/01/2019. Se algún funcionario, tendo esgotados os días pendentes de 2018, desexa gozar destes días ao longo do mes de xaneiro, deberá facer a solicitude por medio de escrito que enviará, vía fax, á delegación correspondente. Lembramos que tanto os tres días adicionais correspondentes ao ano 2017 coma os tres días do ano 2018 poderán ser gozados ata o 31/12/2019. Por outra banda, tamén hai que salientar que os días de 2017 non se poderán acumular aos de 2018, nin aos de 2019 nin ás vacacións, e que igualmente os de 2018 tampouco se poderán acumular aos de 2019 nin ás vacacións. Estes días adicionais serán concedidos sempre e cando as necesidades do servizo queden cubertas.

Comentarios

Publicacións populares deste blog

NOVOS PERMISOS FAMILIARES EBEP

Mentras non se mude a OPAX haberá que facer a petición dos permisos a través dos modelos que vos deixamos na ligazón. Ligazón folla informativa e modelos: https://drive.google.com/file/d/1MPr5QqScvQRMwysy7gh6SzErzD0lrRKo/view?usp=sharing

ERRO MONUMENTAL NAS VACANTES DO VINDEIRO CONCURSO DE TRASLADOS

A media mañá de hoxe venres recibimos unha chamada da Subdirectora Xeral de Persoal da Adminstración de Xutiza de Galiza informándonos de que se vai ver modificada a lista de vacantes que se ofertarán no concurso. A razón é que se convocaron para a oposición un maior número de prazas das que agora teñen dispoñibles para outorgar destino, polo que se tivo que tomar a decisión de retirar do concurso aquelas prazas que non tiveran sido cubertas a resultas no do ano pasado. Entendemos que é un problema grave ao que a Dirección Xeral ten que buscar solución e que ningún aprobado/a se debe ver prexudicado/a pola mala previsión das persoas responsables, pero ofertando un menor número de prazas estase aminorando tamén a posibilidade de que os compañeiros e compañeiras que están destinados/as fóra de Galiza ou lonxe do seu domicilio poidan acadar unha praza máis próxima. Denunciamos polo tanto o mal facer da Administración neste caso así como o prexuízo que se está a causar ás persoas que quere

PARABENS Á SUBIDA SALARIAL ACADADA EN EUSKADI

Desde CIG-Xustiza queremos parabenizar as e os compañeiras/os de Euskadi polo acordo alcanzado onte co Goberno Vasco. Dito acordo supón un aumento retributivo do 13% e recolle a reivindicación histórica do colectivo de equiparar os salarios as táboas do persoal homologado da Administración Xeral da Comunidade Autónoma Vasca. As asambleas de traballadores e traballadoras celebradas no día de onte nas 3 cidades vascas ratificaron este acordo que supón o seguinte:  • Respétase a modalidade da xornada de I persoal de xustiza con todas as súas especificidades, incluído os días que resultan do exceso. • Incremento das retribucións brutas anuais nas seguintes cantidades:   FORENSES : 3.254,76€  XESTIÓN: 4.611,32€  TRAMITACIÓN: 4.007,64€  AUXILIO: 3.461,08€ • O abono das cantidades sería un 50% a sinatura do acordo e outro 50% o 1 de xaneiro de 2024, momento no que se vería alcanzada a equiparación salarial • Recoñécese un plus salarial para as traballadoras nos Xulgados de Violencia contr