Saltar ao contido principal

A CIG REITERA QUE SE REALICEN CORRECTAMENTE AS COTIZACIÓNS Á SEGURIDADE SOCIAL NO CONCURSO DE TRASLADOS

Ante a problemática detectada outros anos e, da que é coñecedora o Ministerio de Xustiza porque así llo ten comunicado en varias ocasións este sindicato, tanto por escrito como a través da Mesa Sectorial, en relación co concurso de traslados e as tomas de posesión entre distintas comunidades autónomas, no caso das trabajadoras/es pertencentes ao rexime xeral  da Seguridade Social, ao non recoller a tempo as datas de posesión e cesamento para que exista unha continuidade real nas cotizacións efectuadas e reflectidas na vida laboral, a CIG ten presentado ante o Ministerio de Xustiza e a Xunta de Galicia sendos escritos nos que volve a advertir desta problemática, a fin de que na propia resolución do concurso se estableza a obriga de que a comunidade cesante deba comunicar á comunidade receptora, no día seguinte ao cesamento, todos e cada un dos datos necesarios para que esta proceda a dar de alta desde ese momento as traballadoras/es que tiveran obtido destino no concurso de traslados e non provocar lagoas nas cotizacións.

Ligazón escrito presentado:

Comentarios

Publicacións populares deste blog

MOBILIZACIÓNS EN MADRID SOBRE NEGOCIACIÓN DA LOEO, DETALLE DE FUNCIÓNS E MELLORAS SALARIAIS

  As/os delegadas/os da CIG Xustiza estiveron esta mañá na concentración convocada diante do Ministerio en Madrid apoiando as mobilizacións que se están a levar a cabo solicitando a paralización da tramitación da LOEO, unha regulación máis detallada das funcións dos distintos corpos así como un aumento salarial acorde a esas funcións.

NOVOS PERMISOS FAMILIARES EBEP

Mentras non se mude a OPAX haberá que facer a petición dos permisos a través dos modelos que vos deixamos na ligazón. Ligazón folla informativa e modelos: https://drive.google.com/file/d/1MPr5QqScvQRMwysy7gh6SzErzD0lrRKo/view?usp=sharing

MANIFESTACIÓN EN MADRID REIVINDICANDO MELLORAS NA LOEO, FUNCIÓNS E RETRIBUCIÓNS

Manifestación en Madrid sobre reclamación de melloras na negociación da LOEO, detalle de funcións e melloras retributivas para todo o estado.