Saltar ao contido principal

CURSOS ESPECÍFICOS DE FORMACIÓN DA EGAP PARA XUSTIZA

https://egap.xunta.gal/Aprobado o programa de actividades formativas da Escola Galega de Administración Pública (EGAP) para o ano 2019 polo Consello Reitor, de conformidade co artigo 6.2 da Lei 4/1987, do 27 de maio, de creación da EGAP, procede convocar as actividades de formación específica para o persoal ao servizo da Administración de xustiza de Galicia. 
O prazo de presentación de solicitudes será de dez días (supoñemos que hábiles) a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia. 
As solicitudes de participación nas actividades formativas só poderán realizarse mediante o formulario de matrícula telemática dispoñible no enderezo https://egap.xunta.gal/
matricula desde as 8.00 horas da data de inicio do prazo de presentación de solicitudes e
ata as 23.55 horas da data de finalización. As solicitudes entenderanse presentadas unha vez que se complete correctamente o proceso de matriculación.
O número máximo de cursos que se poden solicitar durante o prazo de presentación de solicitudes limítase a cinco.

Ligazón convocatoria:
https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2019/20190225/AnuncioO150-180219-0002_gl.pdf

Comentarios

Publicacións populares deste blog

MOBILIZACIÓNS EN MADRID SOBRE NEGOCIACIÓN DA LOEO, DETALLE DE FUNCIÓNS E MELLORAS SALARIAIS

  As/os delegadas/os da CIG Xustiza estiveron esta mañá na concentración convocada diante do Ministerio en Madrid apoiando as mobilizacións que se están a levar a cabo solicitando a paralización da tramitación da LOEO, unha regulación máis detallada das funcións dos distintos corpos así como un aumento salarial acorde a esas funcións.

NOVOS PERMISOS FAMILIARES EBEP

Mentras non se mude a OPAX haberá que facer a petición dos permisos a través dos modelos que vos deixamos na ligazón. Ligazón folla informativa e modelos: https://drive.google.com/file/d/1MPr5QqScvQRMwysy7gh6SzErzD0lrRKo/view?usp=sharing

MANIFESTACIÓN EN MADRID REIVINDICANDO MELLORAS NA LOEO, FUNCIÓNS E RETRIBUCIÓNS

Manifestación en Madrid sobre reclamación de melloras na negociación da LOEO, detalle de funcións e melloras retributivas para todo o estado.