Saltar ao contido principal

E SEGUIMOS PARA BINGO. A CIDADE DA XUSTIZA DE VIGO EN 40 MILLÓNS DE EUROS


É unha pena que o delito de malversación de caudais públicos non se poda aplicar neste caso ao conselleiro Sr. Rueda e ao presidente da Xunta de Galicia, Sr. Feijoo, pois a mala xestión política non está castigada no Código Penal. Un pode enterrar 40 millóns de euros nunha obra pública como a cidade da xustiza do antigo Hospital Xeral de Vigo (e o que te rondará...) e irse de rosiñas para a súa casa, sen o menor pudor e sen que ninguén che poda pedir responsabilidades por tan tremenda neglixencia.

A Xunta de Persoal de Pontevedra cansouse ata a saciedade de solicitar da consellería da que é titular o Sr. Rueda,  de que con anterioridade a calquera licitación sobre execución de obras no antigo edificio do Hospital Xeral de Vigo se fixera un estudio pormenorizado do estado das citadas instalacións, concretamente, entre outros, o escrito de data 11/3/2016, no que se indicaba claramente que, tras as conversas mantidas co Departamento de Tecnoloxía da Construción da Facultade de Arquitectura da Universidade da Coruña, era necesario levar a cabo un informe exhaustivo sobre o estado do edificio e que o mesmo podería ter unha duración dun ano. A calada foi a resposta da consellería e agora que o orzamento xa se incrementou en dúas ocasións por mor da detección de amianto (cuestión tamén advertida ata a saciedade, entre outros, no escrito de 1 de febreiro de 2017) e agora por detectarse a estrutura de aceiro da “H” próxima á Rúa Vazquez Varela, nun estado lamentable, cabe preguntase por que non se fixo ese estudio exhaustivo nunha obra desta embergadura, antes sequera de licitar a obra, e en que se gastaron os 145.200 euros fixados para estudos, entre outros, da estrutura e envolvente, licitado por Resolución de 8/2/2017 (DOG 15/02/2017). Debeu ser que o que fixo o estudio non tiña nin “pajolera” idea do uso do amianto en España na decada dos 60, nin do estado das estruturas de aceiro da base do edificio. Vamos que o técnico/s, paseou polo Hospital Xeral, deu un par de chimpos en cada planta e, como comprobou que o edificio non se caía, fixo un informe favorable para seguir cara adiante sen maior problema, porque “Juan Pueblo” sempre acaba pagando as ampliacións de orzamento.



A estas alturas xa se ten demolido case máis que o construido, a saber: Derrubouse parte do anexo 1 de consultas externas; derrubouse a totalidade do anel semicircular existente na base do edificio, dado o seu estado lamentable e por ser un engadido posterior á construción principal; derrubouse tamén parte da cúpula do edificio para recurperar o seu aspecto inicial e agora tamén se vai derrubar parte da “H” que conformaba, aparentemente, a base inicial da torre, que agora tamén se indica que foi un engadido posterior e mal executado na sua estructura de aceiro.



Outra vergonza máis e que o arquitecto director da obra, Sr. Penela, dado o estado lamentable do edificio, non renuncie á dirección da mesma, despois de ter detectado semellantes defectos na construcción  que está a dirixir nestes momentos e que siga a enmendar o proxecto inicial.



Chegado a este punto tamén cabería preguntarlle ao estudo  de arquitectos Irisarri-Piñera, que elaboraron o  proxecto da cidade da xustiza de Vigo na Rúa Lalín (premio pagado e proxecto desbotado) qué poderían facer eles se lles deran 40 millóns de euros para o novo edificio xudicial na citada ubicación, cando no proxecto premiado había 15 millóns de euros para executar as obras.



En fin, por desgraza este non será o último incremento do orzamento, e as galegas/os teremos que pagar dito dispendio do Sr. Rueda e do Sr. Feijoo.

Ligazóns:

Escrito de 11 de marzo de 2016:
https://drive.google.com/file/d/1vNas43KvGqekjMB1LobYgVDZq70PlxTo/view?usp=sharing
 
Escrito de 1 de febreiro de 2017: 
https://drive.google.com/file/d/1vNas43KvGqekjMB1LobYgVDZq70PlxTo/view?usp=sharing

Comentarios

Publicacións populares deste blog

NOVOS PERMISOS FAMILIARES EBEP

Mentras non se mude a OPAX haberá que facer a petición dos permisos a través dos modelos que vos deixamos na ligazón. Ligazón folla informativa e modelos: https://drive.google.com/file/d/1MPr5QqScvQRMwysy7gh6SzErzD0lrRKo/view?usp=sharing

ERRO MONUMENTAL NAS VACANTES DO VINDEIRO CONCURSO DE TRASLADOS

A media mañá de hoxe venres recibimos unha chamada da Subdirectora Xeral de Persoal da Adminstración de Xutiza de Galiza informándonos de que se vai ver modificada a lista de vacantes que se ofertarán no concurso. A razón é que se convocaron para a oposición un maior número de prazas das que agora teñen dispoñibles para outorgar destino, polo que se tivo que tomar a decisión de retirar do concurso aquelas prazas que non tiveran sido cubertas a resultas no do ano pasado. Entendemos que é un problema grave ao que a Dirección Xeral ten que buscar solución e que ningún aprobado/a se debe ver prexudicado/a pola mala previsión das persoas responsables, pero ofertando un menor número de prazas estase aminorando tamén a posibilidade de que os compañeiros e compañeiras que están destinados/as fóra de Galiza ou lonxe do seu domicilio poidan acadar unha praza máis próxima. Denunciamos polo tanto o mal facer da Administración neste caso así como o prexuízo que se está a causar ás persoas que quere

PARABENS Á SUBIDA SALARIAL ACADADA EN EUSKADI

Desde CIG-Xustiza queremos parabenizar as e os compañeiras/os de Euskadi polo acordo alcanzado onte co Goberno Vasco. Dito acordo supón un aumento retributivo do 13% e recolle a reivindicación histórica do colectivo de equiparar os salarios as táboas do persoal homologado da Administración Xeral da Comunidade Autónoma Vasca. As asambleas de traballadores e traballadoras celebradas no día de onte nas 3 cidades vascas ratificaron este acordo que supón o seguinte:  • Respétase a modalidade da xornada de I persoal de xustiza con todas as súas especificidades, incluído os días que resultan do exceso. • Incremento das retribucións brutas anuais nas seguintes cantidades:   FORENSES : 3.254,76€  XESTIÓN: 4.611,32€  TRAMITACIÓN: 4.007,64€  AUXILIO: 3.461,08€ • O abono das cantidades sería un 50% a sinatura do acordo e outro 50% o 1 de xaneiro de 2024, momento no que se vería alcanzada a equiparación salarial • Recoñécese un plus salarial para as traballadoras nos Xulgados de Violencia contr