A
CIG
quere dar as grazas a todas e todos @s que participastes nas eleccións ás
Xuntas de Persoal da Admón de Xustiza, en especial aos que depositastes a vosa
confianza en nós.
Vistos
os resultados, agás en Ourense que aínda
non se celebraron, queremos manifestar
que o voso apoio nos vai facer un pouco
máis fortes, e esa forza ímola empregar, coma sempre, libres, sen ataduras e
cun espíritu crítico, en tratar de
mellorar as condicións de traballo de todas e todos, en tratar de conseguir que
se respecten os nosos dereitos e que esta xustiza do noso país mellore e sexa
un mellor servizo público.
Toca
seguir loitando, que é algo que facemos con agrado esperando non defraudar e conseguir ser cada
vez un pouquiño máis referente neste sector,
do mesmo xeito que somos referente nos distintos eidos da nosa Galiza.
Comentarios
Publicar un comentario