Saltar ao contido principal

DECANA DE CAMBADOS (XULGADO MIXTO N.4) EXTRALIMÍTASE NA SÚA FUNCIÓN

Cando menos resulta curioso que, quen ten que ter coñecemento da lei non a aplique de xeito correcto. Onte, en plena campaña electoral na Administracion de Xustiza (cuestion que e publica e notoria no sector), a Xuiza Decana de Cambados obrigounos a ter que pedir permiso para a colocacion de publicidade sindical en dita sede xudicial.  En todo caso a Xuiza Decana podería pedir que lle comuniquemos dita distribucion e o feito de falar coas traballadoras/es (como asi fixemos), para que o mesmo interfira o menos posible na actividade xudicial, ponderando tamen a excepcionalidade da campaña electoral, pero en ningun caso estar supeditados a unha solicitude de autorizacion, porque a mesma escapa da sua competencia, xa que a distribucion de publicidade e a informacion sindical ven dada de facto pola LOLS, sen necesidade de autorizacion expresa.  Estar supeditados a unha peticion de autorizacion suporia que a dita peticion poderia ser denegada, cando unha lei organica establece claramente ese dereito por si soa.

Comentarios

Publicacións populares deste blog

MOBILIZACIÓNS EN MADRID SOBRE NEGOCIACIÓN DA LOEO, DETALLE DE FUNCIÓNS E MELLORAS SALARIAIS

  As/os delegadas/os da CIG Xustiza estiveron esta mañá na concentración convocada diante do Ministerio en Madrid apoiando as mobilizacións que se están a levar a cabo solicitando a paralización da tramitación da LOEO, unha regulación máis detallada das funcións dos distintos corpos así como un aumento salarial acorde a esas funcións.

NOVOS PERMISOS FAMILIARES EBEP

Mentras non se mude a OPAX haberá que facer a petición dos permisos a través dos modelos que vos deixamos na ligazón. Ligazón folla informativa e modelos: https://drive.google.com/file/d/1MPr5QqScvQRMwysy7gh6SzErzD0lrRKo/view?usp=sharing

MANIFESTACIÓN EN MADRID REIVINDICANDO MELLORAS NA LOEO, FUNCIÓNS E RETRIBUCIÓNS

Manifestación en Madrid sobre reclamación de melloras na negociación da LOEO, detalle de funcións e melloras retributivas para todo o estado.