Saltar ao contido principal

XUBILACIÓN DE DELMIRO DURÁN, DELEGADO SINDICAL DE CIG-XUSTIZA

Nestas datas xa estivais, ven de xubilarse o noso compañeiro e amigo Delmiro Durán Garrido; sindicalista infatigable, que pelexou na provincia de Pontevedra, como delegado da Xunta de Persoal e, en toda Galiza, como responsable do Sector de Xustiza da CIG e noutros cargos orgánicos da nosa central sindical,  porque as traballadoras/es da Administración de Xustiza tiveramos unhas mellores condicións laborais. Nesta loita de moitos anos na que coincidimos man a man tanto en Madrid como en Santiago de Compostela, amosou o seu talante e bo facer en todas as negociacións ás que tivemos asistido e, nas que nos vimos involucrados en non poucas situacións comprometidas, sindicalmente falando, das que creo sinceiramente que saimos airosamente e coa sensación de ter feito as cousas ben e do xeito correcto, camiñando coa cabeza ben alta por levar o sindicalismo galego e de clase, tanto a Madrid como a Compostela. Pola miña banda, como compañeiro desta viaxe iniciada alá polos anos 90 e como amigo, non me queda máis que desexarte unha feliz e longa etapa tras a túa xubilación, pois o traballo feito quedou aí para quen o queira valorar e apreciar, na medida do esforzo desinteresado levado a cabo nesta labor sindical, tan necesaria nestes días e quizais non sempre apreciada na súa importancia  por quen ten que valorar e refrendar dito esforzo cada catro anos. 
Estimado e querido Delmiro, moitas grazas pola túa dedicación no sindical e amizade no particular, tanto pola miña parte como pola do resto das compañeiras e compañeiros do Sector de Xustiza da CIG. Unha aperta ben forte.

Xosé Barreiro Perez e o Sector de Xustiza da CIG.

Comentarios

Publicacións populares deste blog

NOVOS PERMISOS FAMILIARES EBEP

Mentras non se mude a OPAX haberá que facer a petición dos permisos a través dos modelos que vos deixamos na ligazón. Ligazón folla informativa e modelos: https://drive.google.com/file/d/1MPr5QqScvQRMwysy7gh6SzErzD0lrRKo/view?usp=sharing

ERRO MONUMENTAL NAS VACANTES DO VINDEIRO CONCURSO DE TRASLADOS

A media mañá de hoxe venres recibimos unha chamada da Subdirectora Xeral de Persoal da Adminstración de Xutiza de Galiza informándonos de que se vai ver modificada a lista de vacantes que se ofertarán no concurso. A razón é que se convocaron para a oposición un maior número de prazas das que agora teñen dispoñibles para outorgar destino, polo que se tivo que tomar a decisión de retirar do concurso aquelas prazas que non tiveran sido cubertas a resultas no do ano pasado. Entendemos que é un problema grave ao que a Dirección Xeral ten que buscar solución e que ningún aprobado/a se debe ver prexudicado/a pola mala previsión das persoas responsables, pero ofertando un menor número de prazas estase aminorando tamén a posibilidade de que os compañeiros e compañeiras que están destinados/as fóra de Galiza ou lonxe do seu domicilio poidan acadar unha praza máis próxima. Denunciamos polo tanto o mal facer da Administración neste caso así como o prexuízo que se está a causar ás persoas que quere

PARABENS Á SUBIDA SALARIAL ACADADA EN EUSKADI

Desde CIG-Xustiza queremos parabenizar as e os compañeiras/os de Euskadi polo acordo alcanzado onte co Goberno Vasco. Dito acordo supón un aumento retributivo do 13% e recolle a reivindicación histórica do colectivo de equiparar os salarios as táboas do persoal homologado da Administración Xeral da Comunidade Autónoma Vasca. As asambleas de traballadores e traballadoras celebradas no día de onte nas 3 cidades vascas ratificaron este acordo que supón o seguinte:  • Respétase a modalidade da xornada de I persoal de xustiza con todas as súas especificidades, incluído os días que resultan do exceso. • Incremento das retribucións brutas anuais nas seguintes cantidades:   FORENSES : 3.254,76€  XESTIÓN: 4.611,32€  TRAMITACIÓN: 4.007,64€  AUXILIO: 3.461,08€ • O abono das cantidades sería un 50% a sinatura do acordo e outro 50% o 1 de xaneiro de 2024, momento no que se vería alcanzada a equiparación salarial • Recoñécese un plus salarial para as traballadoras nos Xulgados de Violencia contr