Saltar ao contido principal

MODIFICACIÓN PRAZO PRESENTACIÓN DE INSTANCIAS VINDEIRO CONCURSO DE TRASLADOS

O Ministerio de Xustiza ven de comunicarnos que o prazo para presentación de instancias para o vindeiro concurso de traslados non será de 9 días como en principio estaba previsto. Como consecuencia do anterior o ministerio indicou que o prazo para presentación de instancias será o comprendido entre o 19 de xullo e o 9 de agosto, ambos inclusive (en Galiza debe terse en conta que o 25 de xullo é festivo na Comunidade Autónoma).

Comentarios

Publicacións populares deste blog

MESA SECTORIAL MINISTERIO - VINDEIRAS OPOSICIÓNS

A CIG ven de participar na Mesa Sectorial do Ministerio de Xustiza, xunto cos sindicatos representativos do sector (Ccoo, Ugt, Ela, así como os corporativos Csif e Staj). Nela tratouse a primeira valoración da Lei 20/2021 e o seu impacto na OEP 2019 e seguintes da Administración de Xustiza. O Ministerio de Xustiza xa está a tratar o tema coas distintas CCAA con transferencias na materia posto que a cada unha lle afecta en maior o menor medida. Respecto da promoción interna non lle ven posibles afectacións. Dende a CIG reclamamos a recuperación do 50% das prazas para a PI, así como unha convocatoria extraordinaria que permita recuperar as prazas perdidas. Como a norma afecta de xeito diferente a cada OEP, o Ministerio entende que non se poderán acumular entre elas, pero de atopar o xeito de facelo optarán por esta vía que será a máis áxil. O Ministerio entende que para a OEP do 2019 xa deberían ofertar polo sistema de concurso aquelas prazas que leven ocupadas con carácter temporal de f

TOMA DE POSESIÓN DO NOVO SECRETARIO DE GOBERNO DO TSXG

O Secretario Nacional do Sector de Xustiza da CIG, Óscar Freixedo, e a Secretaria de Saúde  Laboral, Chelo Rodríguez, acudiron no día de onte, a tendendo ao convite da Ministra de Xustiza, á toma de posesión en Madrid do novo Secretario de Goberno do Tribunal Superior de Xustiza de Galiza, Juan José Martín Álvarez, ata fai uns días Director Xeral de Xustiza. Óscar e Chelo trasladáronlle ao novo Secretario de Goberno do TSXG o seu compromiso co diálogo e a colaboración, asi como a dispoñibilidade do Sector de Xustiza da CIG para mellorar as condicións laborais das traballadoras e traballadores da xustiza galega e do servizo público que atenden.

AGRADECEMENTO AS TRABALLADORAS/ES POLO SEU VOTO NAS RECENTES ELECCIÓNS

A CIG quere dar as grazas a todas e todos @s que participastes nas eleccións ás Xuntas de Persoal da Admón de Xustiza, en especial aos que depositastes a vosa confianza en nós. Vistos os resultados, agás en   Ourense que aínda non se celebraron,   queremos manifestar que   o voso apoio nos vai facer un pouco máis fortes, e esa forza ímola empregar, coma sempre, libres, sen ataduras e cun espíritu crítico,   en tratar de mellorar as condicións de traballo de todas e todos, en tratar de conseguir que se respecten os nosos dereitos e que esta xustiza do noso país mellore e sexa un mellor servizo público. Toca seguir loitando, que é algo que facemos con agrado   esperando non defraudar e conseguir ser cada vez un pouquiño máis referente neste sector,   do mesmo xeito que somos referente nos distintos eidos da nosa Galiza.