Na reunión da Comisión de Acción Social que acabamos de manter hoxe a Dirección Xeral de Xustiza informounos do seguinte:
1- Das 15 solicitudes excluídas, unha non foi admitida por renuncia, as 14 restantes foron emendadas e admitidas.
2- A resolución da DXX que aproba as listaxes definitivas das solicitudes admitidas e excluídas correspondentes ás axudas do fondo de acción social publicaranse en breve no DOG. Por causa do carácter persoal dos datos vinculados a estas, o acceso por parte da persoa interesada á información relativa á admisión ou exclusión definitiva da súa solicitude realizarase a través da OPAX.
3- A contía das axudas tendo en conta os grados de discapacidade son:
- Do 33% ao 64%: 127,95 €
- Do 65% ao 74%: 255,91 €
- Do 75% en adiante: 511,83 €
- Do 33% ao 64%: 127,95 €
- Do 65% ao 74%: 255,91 €
- Do 75% en adiante: 511,83 €
Pagamento: Antes de rematar 2019, aínda que cabe a posibilidade de que se faga no mes de novembro.
Comentarios
Publicar un comentario