Saltar ao contido principal

ACCIÓN SOCIAL 2019 - LISTAXES PROVISIONAIS

No DOG de hoxe públicase a RESOLUCIÓN do 23 de setembro de 2019, da Dirección Xeral de Xustiza, pola que se aproban as listaxes provisionais das solicitudes admitidas e excluídas correspondentes ás axudas do fondo de acción social do ano 2019 para o persoal ao servizo da Administración de xustiza con destino na Comunidade Autónoma de Galicia.
Por causa do carácter persoal dos datos vinculados a estas axudas, o acceso por parte da
persoa interesada á información relativa á admisión ou exclusión provisional da súa solicitude realizarase a través da OPAX, co seu certificado dixital recoñecido ou co usuario e contrasinal.
As persoas interesadas terán un prazo de dez días hábiles (que finalizan o 18 de outubro), contados desde o día seguinte ao da publicación da presente resolución no Diario Oficial de Galicia, para formular as reclamacións que consideren oportunas e emendar os defectos da exclusión provisional.
 
Ligazón:

Comentarios

Publicacións populares deste blog

COMUNICADO DA CIG ANTE A FOLGA DE XUSTIZA

Ante a información aparecida na prensa no día de hoxe sobre o anuncio por parte de varias organizacións sindicais dunha convocatoria de folga na Administración de Xustiza queremos precisar:   - Que a CIG apoia as mobilizacións que se produzan reivindicando un aumento retributivo para todos os corpos, así como o recoñecemento das funcións reais de cada un deles.   - Que apoiamos, como fixemos ate o de agora, a solicitude dunha negociación real da LOEO co Ministerio, instando a que se paralice a súa tramitación mestres esta non se produza.   - Que, en virtude diso, apoiamos e participaremos na concentración de delegados e delegadas prevista para o día 12 de abril en Madrid e todas aquelas que neste senso se produzan.   - Que a CIG non convocará folga indefinida na Administración de Xustiza en Galicia; está aínda moi recente o acontecido na folga do 2018, con consecuencias nefastas para tod@s e pensamos, porque así tamén nolo transmiten os compañeiros e compañeiras, que non debemos unirno

MOBILIZACIÓNS EN MADRID SOBRE NEGOCIACIÓN DA LOEO, DETALLE DE FUNCIÓNS E MELLORAS SALARIAIS

  As/os delegadas/os da CIG Xustiza estiveron esta mañá na concentración convocada diante do Ministerio en Madrid apoiando as mobilizacións que se están a levar a cabo solicitando a paralización da tramitación da LOEO, unha regulación máis detallada das funcións dos distintos corpos así como un aumento salarial acorde a esas funcións.

NOVOS PERMISOS FAMILIARES EBEP

Mentras non se mude a OPAX haberá que facer a petición dos permisos a través dos modelos que vos deixamos na ligazón. Ligazón folla informativa e modelos: https://drive.google.com/file/d/1MPr5QqScvQRMwysy7gh6SzErzD0lrRKo/view?usp=sharing