Saltar ao contido principal

COMITÉ DE SEGURIDADE E SAÚDE LABORAL

Entre outros temas tratados o pasado 10 de outubro na xuntanza do Comité de Seguridade e Saúde no Traballo, destacamos os seguintes pola súa importancia:

Radón
Despois de que en varios Comités a CIG solicitara a realización de medicións de radón nos órganos xudiciais supostamente máis expostos, a Admininistración comunicou neste Comité que se van levar a cabo medicións naqueles sotos ou semisotos onde haxa persoal ou público. 
Se ben en certo que o Goberno estatal, nunha increible deixación de funcións, non traspuxo aínda a directiva europea sobre esta cuestión, a pesares de transcorrer o prazo legal para facelo, o certo e que na actualidade xa existe a Instrución IS-33 do Consello de Seguridade Nuclear que calquera pode ler, e na que se obriga a realizar estas medicions nos centros de traballo (no noso caso en toda Galiza), de ahí a petición da CIG.

Formaldehido
Trala petición da CIG de que se fixe unha programación cos gabinetes de prevención para evaluar e corrixir os niveis do formaldehido usado nos IMELGA do país, tomouse a medida de comprar mesas de aspiración para Pontevedra, Vigo e A Coruña así como a decisión de encargar a elaboración dun protocolo con respeto á exposición a este gas por parte do Xefe do Servizo de Patoloxía do IMELGA.

Ligazón nota informativa:

Comentarios

Publicacións populares deste blog

NOVOS PERMISOS FAMILIARES EBEP

Mentras non se mude a OPAX haberá que facer a petición dos permisos a través dos modelos que vos deixamos na ligazón. Ligazón folla informativa e modelos: https://drive.google.com/file/d/1MPr5QqScvQRMwysy7gh6SzErzD0lrRKo/view?usp=sharing

ERRO MONUMENTAL NAS VACANTES DO VINDEIRO CONCURSO DE TRASLADOS

A media mañá de hoxe venres recibimos unha chamada da Subdirectora Xeral de Persoal da Adminstración de Xutiza de Galiza informándonos de que se vai ver modificada a lista de vacantes que se ofertarán no concurso. A razón é que se convocaron para a oposición un maior número de prazas das que agora teñen dispoñibles para outorgar destino, polo que se tivo que tomar a decisión de retirar do concurso aquelas prazas que non tiveran sido cubertas a resultas no do ano pasado. Entendemos que é un problema grave ao que a Dirección Xeral ten que buscar solución e que ningún aprobado/a se debe ver prexudicado/a pola mala previsión das persoas responsables, pero ofertando un menor número de prazas estase aminorando tamén a posibilidade de que os compañeiros e compañeiras que están destinados/as fóra de Galiza ou lonxe do seu domicilio poidan acadar unha praza máis próxima. Denunciamos polo tanto o mal facer da Administración neste caso así como o prexuízo que se está a causar ás persoas que quere

PARABENS Á SUBIDA SALARIAL ACADADA EN EUSKADI

Desde CIG-Xustiza queremos parabenizar as e os compañeiras/os de Euskadi polo acordo alcanzado onte co Goberno Vasco. Dito acordo supón un aumento retributivo do 13% e recolle a reivindicación histórica do colectivo de equiparar os salarios as táboas do persoal homologado da Administración Xeral da Comunidade Autónoma Vasca. As asambleas de traballadores e traballadoras celebradas no día de onte nas 3 cidades vascas ratificaron este acordo que supón o seguinte:  • Respétase a modalidade da xornada de I persoal de xustiza con todas as súas especificidades, incluído os días que resultan do exceso. • Incremento das retribucións brutas anuais nas seguintes cantidades:   FORENSES : 3.254,76€  XESTIÓN: 4.611,32€  TRAMITACIÓN: 4.007,64€  AUXILIO: 3.461,08€ • O abono das cantidades sería un 50% a sinatura do acordo e outro 50% o 1 de xaneiro de 2024, momento no que se vería alcanzada a equiparación salarial • Recoñécese un plus salarial para as traballadoras nos Xulgados de Violencia contr