Saltar ao contido principal

CURSOS DE PRIMEIROS AUXILIOS - OURENSE

No DOG de hoxe publicouse a RESOLUCIÓN do 24 de outubro de 2019 pola que se convocan en Ourense cursos de prevención de riscos laborais: primeiros auxilios, loita contra incendios e evacuación.
O prazo de presentación de solicitudes será de oito días hábiles (do 4 ao 13 de novembro), contados a partir do seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.
As solicitudes de participación nas actividades formativas só poderán realizarse mediante o formulario de matrícula telemática dispoñible no enderezo <https://egap.xunta.gal/matricula> desde as 8.00 horas da data de inicio do prazo de presentación de solicitudes ata as 23.55 horas da data de finalización. As solicitudes entenderanse presentadas unha vez que se complete correctamente o proceso de matriculación.

Modalidade: presencial.
Duración: 6 horas.
Edicións: dúas.
Lugar: Pazo de Xustiza de Ourense, praza Concepción Arenal, 1.
Horario: das 8.30 ás 14.30 horas.
Prazas: 30 por edición.
Datas:
Primeira edición: 20 de novembro de 2019.
Segunda edición: 21 de novembro de 2019.

Ligazón Resolucion convocatoria:
https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2019/20191031/AnuncioO150-241019-0001_gl.pdf

Comentarios

Publicacións populares deste blog

MOBILIZACIÓNS EN MADRID SOBRE NEGOCIACIÓN DA LOEO, DETALLE DE FUNCIÓNS E MELLORAS SALARIAIS

  As/os delegadas/os da CIG Xustiza estiveron esta mañá na concentración convocada diante do Ministerio en Madrid apoiando as mobilizacións que se están a levar a cabo solicitando a paralización da tramitación da LOEO, unha regulación máis detallada das funcións dos distintos corpos así como un aumento salarial acorde a esas funcións.

NOVOS PERMISOS FAMILIARES EBEP

Mentras non se mude a OPAX haberá que facer a petición dos permisos a través dos modelos que vos deixamos na ligazón. Ligazón folla informativa e modelos: https://drive.google.com/file/d/1MPr5QqScvQRMwysy7gh6SzErzD0lrRKo/view?usp=sharing

MANIFESTACIÓN EN MADRID REIVINDICANDO MELLORAS NA LOEO, FUNCIÓNS E RETRIBUCIÓNS

Manifestación en Madrid sobre reclamación de melloras na negociación da LOEO, detalle de funcións e melloras retributivas para todo o estado.