Saltar ao contido principal

A CIG XUNTO CON EN MAREA E O BNG LEVA AS GARDAS DE 24H AO PARLAMENTO

Unha representación de CIG-Xustiza compareceu esta mañá en rolda de prensa, no Parlamento de Galiza, xunto cos portavoces en materia de xustiza do BNG e En Marea, Luís Bará e Luís Villares, para demandar que a Xunta de Galiza –que é a única das administracións que faltan por facelo- emita o informe necesario para a modificación do sistema de gardas dos partidos xudiciais de Vigo e A Coruña, os únicos con 8 xulgados de instrución do estado español que non teñen gardas de 24 horas.
O CXPX xa acusou recibo do escrito presentado pola CIG e o uniu aos expedientes que neste momento se están a tramitar sobre as solicitudes formuladas polas xuntas de xuíces sectoriais respectivas, co beneplácito do TSXG.
A CIG-Xustiza, xunto con En Marea e o BNG, van presentar, via rexistro, toda esta documentacion, para que a Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Admóns. Públicas e Xustiza a teña no seu poder para emitir o informe pertinente, e non poida aducir descoñecemento das mesmas, tal e como o Vicepresidente Sr. Rueda admitiu en sede parlamentaria.

Ligazón acuse de recibo CXPX:

Comentarios

Publicacións populares deste blog

COMUNICADO DA CIG ANTE A FOLGA DE XUSTIZA

Ante a información aparecida na prensa no día de hoxe sobre o anuncio por parte de varias organizacións sindicais dunha convocatoria de folga na Administración de Xustiza queremos precisar:   - Que a CIG apoia as mobilizacións que se produzan reivindicando un aumento retributivo para todos os corpos, así como o recoñecemento das funcións reais de cada un deles.   - Que apoiamos, como fixemos ate o de agora, a solicitude dunha negociación real da LOEO co Ministerio, instando a que se paralice a súa tramitación mestres esta non se produza.   - Que, en virtude diso, apoiamos e participaremos na concentración de delegados e delegadas prevista para o día 12 de abril en Madrid e todas aquelas que neste senso se produzan.   - Que a CIG non convocará folga indefinida na Administración de Xustiza en Galicia; está aínda moi recente o acontecido na folga do 2018, con consecuencias nefastas para tod@s e pensamos, porque así tamén nolo transmiten os compañeiros e compañeiras, que non debemos unirno

MOBILIZACIÓNS EN MADRID SOBRE NEGOCIACIÓN DA LOEO, DETALLE DE FUNCIÓNS E MELLORAS SALARIAIS

  As/os delegadas/os da CIG Xustiza estiveron esta mañá na concentración convocada diante do Ministerio en Madrid apoiando as mobilizacións que se están a levar a cabo solicitando a paralización da tramitación da LOEO, unha regulación máis detallada das funcións dos distintos corpos así como un aumento salarial acorde a esas funcións.

NOVOS PERMISOS FAMILIARES EBEP

Mentras non se mude a OPAX haberá que facer a petición dos permisos a través dos modelos que vos deixamos na ligazón. Ligazón folla informativa e modelos: https://drive.google.com/file/d/1MPr5QqScvQRMwysy7gh6SzErzD0lrRKo/view?usp=sharing