Saltar ao contido principal

CAMPAÑA DE VACINACIÓN DA GRIPE 2019-2020

Como en anos anteriores, a campaña de vacinación contra a gripe vai destinada aos grupos de risco que determinan as autoridades sanitarias competentes en cada Comunidade Autónoma e o INGESA en Ceuta e Melilla.

MUTUALISTAS E BENEFICIARIOS ADSCRITOS AOS SISTEMAS PÚBLICOS DE SAÚDE DAS CCAA OU AO INGESA
Deberán dirixirse ao seu médico de atención primaria ou pediatra que lle informará si forma ou non parte dos grupos de risco e, no seu caso, do procedemento para a administración da vacina.

MUTUALISTAS E BENEFICIARIOS ADSCRITOS ÁS ENTIDADES MÉDICAS (EEMM)
A campaña de vacinación frente á gripe está incluída no concerto de asistencia sanitaria polo que debe ser cuberta pola Entidad Médica respectiva polo que a/o mutualista debe de contactar con dita entidade médica para que xestione o procedemento para a administración da vacina.
Os grupos de riscos son os mesmos que determinen as autoridades sanitarias competentes en cada Comunidade Autónoma e o INGESA.

Ligazón MUXEXU:

Comentarios

Publicacións populares deste blog

NOVOS PERMISOS FAMILIARES EBEP

Mentras non se mude a OPAX haberá que facer a petición dos permisos a través dos modelos que vos deixamos na ligazón. Ligazón folla informativa e modelos: https://drive.google.com/file/d/1MPr5QqScvQRMwysy7gh6SzErzD0lrRKo/view?usp=sharing

ERRO MONUMENTAL NAS VACANTES DO VINDEIRO CONCURSO DE TRASLADOS

A media mañá de hoxe venres recibimos unha chamada da Subdirectora Xeral de Persoal da Adminstración de Xutiza de Galiza informándonos de que se vai ver modificada a lista de vacantes que se ofertarán no concurso. A razón é que se convocaron para a oposición un maior número de prazas das que agora teñen dispoñibles para outorgar destino, polo que se tivo que tomar a decisión de retirar do concurso aquelas prazas que non tiveran sido cubertas a resultas no do ano pasado. Entendemos que é un problema grave ao que a Dirección Xeral ten que buscar solución e que ningún aprobado/a se debe ver prexudicado/a pola mala previsión das persoas responsables, pero ofertando un menor número de prazas estase aminorando tamén a posibilidade de que os compañeiros e compañeiras que están destinados/as fóra de Galiza ou lonxe do seu domicilio poidan acadar unha praza máis próxima. Denunciamos polo tanto o mal facer da Administración neste caso así como o prexuízo que se está a causar ás persoas que quere

PARABENS Á SUBIDA SALARIAL ACADADA EN EUSKADI

Desde CIG-Xustiza queremos parabenizar as e os compañeiras/os de Euskadi polo acordo alcanzado onte co Goberno Vasco. Dito acordo supón un aumento retributivo do 13% e recolle a reivindicación histórica do colectivo de equiparar os salarios as táboas do persoal homologado da Administración Xeral da Comunidade Autónoma Vasca. As asambleas de traballadores e traballadoras celebradas no día de onte nas 3 cidades vascas ratificaron este acordo que supón o seguinte:  • Respétase a modalidade da xornada de I persoal de xustiza con todas as súas especificidades, incluído os días que resultan do exceso. • Incremento das retribucións brutas anuais nas seguintes cantidades:   FORENSES : 3.254,76€  XESTIÓN: 4.611,32€  TRAMITACIÓN: 4.007,64€  AUXILIO: 3.461,08€ • O abono das cantidades sería un 50% a sinatura do acordo e outro 50% o 1 de xaneiro de 2024, momento no que se vería alcanzada a equiparación salarial • Recoñécese un plus salarial para as traballadoras nos Xulgados de Violencia contr