Convocatoria do curso monográfico *Os sistemas de integridade institucional nas administracións públicas.
*Persoas destinatarias:*
Este
curso monográfico está dirixido ao persoal empregado público, en
situación de servizo activo ou asimilada, das administracións públicas
da Comunidade Autónoma de Galicia, dos entes instrumentais da Comunidade
Autónoma de Galicia e das universidades do Sistema universitario de
Galicia, xuristas, profesionais e *persoas interesadas en xeral*.
*Desenvolvemento:*
Lugar: Escola Galega de Administración Pública (EGAP), rúa Madrid, 2-4, Santiago de Compostela.
Datas: luns e martes, 2 e 3 de decembro de 2019.
Horario: día 2, das 11.00 ás 13.00 horas e das 17.00 ás 20.00 horas; día 3, das 9.00 ás 13.00 horas.
Duración: 9 horas lectivas.
Número de prazas: limitado pola capacidade do local.
O
prazo para a inscrición estará aberto desde as 8.00 horas do día
seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia
ata as 23.55 horas do día 27 de novembro de 2019.
Comentarios
Publicar un comentario