Saltar ao contido principal

ACTUALIZACIÓN APLICACIÓNS INFORMÁTICAS

ACTUALIZACIÓN MINERVA 

Con motivo da actualización da aplicación Minerva á versión 6.0.2.1, vaise levar a cabo un corte do servizo desde as 19:00 h do día sinalado para cada sede ata as 07:30 h do día seguinte, nas sedes xudiciais que se relacionan a continuación:
  • 08/01/2020*- Audiencia Provincial de Pontevedra e TSXG
  • 09/01/2020 - Xulgados de Ferrol
  • 14/01/2020 - Xulgados de Pontevedra
  • 16/01/2020 - Xulgados e Audiencia Provincial de Ourense
  • 20/01/2020 - Xulgados e Audiencia Provincial de Lugo
  • 23/01/2020 - Xulgados e Audiencia Provincial da Coruña
  • 27/01/2020 - Xulgados e sección desprazada da Audiencia Provincial en Santiago de Compostela
  • 30/01/2020 - Xulgados e seccións desprazadas da Audiencia Provincial en Vigo
Durante o período da intervención a aplicación non estará dispoñible.

*Desde as 15:30 h do día sinalado ata as 07:30 h do día seguinte.

Nova versión de ARQFIS v. 01.10.00

Dende o día 2 de xaneiro está dispoñible a nova versión de ARQFIS (v. 01.10.00). Poden consultar a folla de novidades premendo aquí.
Para calquera dúbida ou aclaración poden contactar co Centro de Servizos a Usuarios no teléfono 981 546 223.

Comentarios

Publicacións populares deste blog

NOVOS PERMISOS FAMILIARES EBEP

Mentras non se mude a OPAX haberá que facer a petición dos permisos a través dos modelos que vos deixamos na ligazón. Ligazón folla informativa e modelos: https://drive.google.com/file/d/1MPr5QqScvQRMwysy7gh6SzErzD0lrRKo/view?usp=sharing

ERRO MONUMENTAL NAS VACANTES DO VINDEIRO CONCURSO DE TRASLADOS

A media mañá de hoxe venres recibimos unha chamada da Subdirectora Xeral de Persoal da Adminstración de Xutiza de Galiza informándonos de que se vai ver modificada a lista de vacantes que se ofertarán no concurso. A razón é que se convocaron para a oposición un maior número de prazas das que agora teñen dispoñibles para outorgar destino, polo que se tivo que tomar a decisión de retirar do concurso aquelas prazas que non tiveran sido cubertas a resultas no do ano pasado. Entendemos que é un problema grave ao que a Dirección Xeral ten que buscar solución e que ningún aprobado/a se debe ver prexudicado/a pola mala previsión das persoas responsables, pero ofertando un menor número de prazas estase aminorando tamén a posibilidade de que os compañeiros e compañeiras que están destinados/as fóra de Galiza ou lonxe do seu domicilio poidan acadar unha praza máis próxima. Denunciamos polo tanto o mal facer da Administración neste caso así como o prexuízo que se está a causar ás persoas que quere

PARABENS Á SUBIDA SALARIAL ACADADA EN EUSKADI

Desde CIG-Xustiza queremos parabenizar as e os compañeiras/os de Euskadi polo acordo alcanzado onte co Goberno Vasco. Dito acordo supón un aumento retributivo do 13% e recolle a reivindicación histórica do colectivo de equiparar os salarios as táboas do persoal homologado da Administración Xeral da Comunidade Autónoma Vasca. As asambleas de traballadores e traballadoras celebradas no día de onte nas 3 cidades vascas ratificaron este acordo que supón o seguinte:  • Respétase a modalidade da xornada de I persoal de xustiza con todas as súas especificidades, incluído os días que resultan do exceso. • Incremento das retribucións brutas anuais nas seguintes cantidades:   FORENSES : 3.254,76€  XESTIÓN: 4.611,32€  TRAMITACIÓN: 4.007,64€  AUXILIO: 3.461,08€ • O abono das cantidades sería un 50% a sinatura do acordo e outro 50% o 1 de xaneiro de 2024, momento no que se vería alcanzada a equiparación salarial • Recoñécese un plus salarial para as traballadoras nos Xulgados de Violencia contr