Comunicóusenos que está previsto que a campaña de 2020, de recoñecementos médicos, comence o vindeiro mes de FEBREIRO. Este ano a solicitude do
recoñecemento deberá facerse a través da OPAX.
As/os delegadas/os da CIG Xustiza estiveron esta mañá na concentración convocada diante do Ministerio en Madrid apoiando as mobilizacións que se están a levar a cabo solicitando a paralización da tramitación da LOEO, unha regulación máis detallada das funcións dos distintos corpos así como un aumento salarial acorde a esas funcións.
Comentarios
Publicar un comentario