Saltar ao contido principal

A CIG PARTICIPA NUNHA MULTICONFERENCIA CO MINISTERIO DE XUSTIZA

Na tarde de onte a CIG participou xunto coás outras cinco organizacións sindicais con representación na mesa sectorial do Ministerio de Xustiza (ELA, CCOO, CSIF, STAJ e UXT), nunha reunión telefónica conxunta co Ministerio de Xustiza, representado polo Secretario Xeral para a Innovación e Calidade do Servizo Público de Xustiza a fin de analizar a situación actual e a aplicación dos servizos mínimos esenciais na Administración de Xustiza. A lo menos tivemos contacto directo cos responsables ministeriais para transmitirlle as eivas que estamos detectando, que é moito máis do que se pode dicir dos responsables autonómicos galegos, que parecen que andan escapados e que, no canto de querer sumar apoios para afrontar esta crise, máis parece que desprezan a nosa axuda, colaboración e dialogo neste tema, pois resulta unha tarefa árdua dificil contactar con eles e tomar decisions colexiadamente ou, cando menos, escoitando aos representantes dos traballadores, para que así se estableza unha correa de transmisión da información de forma eficiente e veraz. A planificación de como comunicarnos era unha das cousas importantes que tiñamos que ter falado e planificado o venres pasado, cando houbo mesa sectorial e ainda puidemos ter una xuntanza persoal pero a administración, co apoio de determinadas centrais sindicais, preferiu tratar de xeito principal outros temas menos importantes nestes momentos. A estas alturas seguimos sen ter liña directa cos responsables autonómicos e creado un órgano para a xestión da crise que poda comunicarse axilmente e no que estean presentes os distintos colectivos da Administración de Xustiza para dese xeito coordinar as medidas que teñen que ir implementado.

Ligazón nota informativa xuntanza Minsiterio de Xustiza:

Comentarios

Publicacións populares deste blog

NOVOS PERMISOS FAMILIARES EBEP

Mentras non se mude a OPAX haberá que facer a petición dos permisos a través dos modelos que vos deixamos na ligazón. Ligazón folla informativa e modelos: https://drive.google.com/file/d/1MPr5QqScvQRMwysy7gh6SzErzD0lrRKo/view?usp=sharing

ERRO MONUMENTAL NAS VACANTES DO VINDEIRO CONCURSO DE TRASLADOS

A media mañá de hoxe venres recibimos unha chamada da Subdirectora Xeral de Persoal da Adminstración de Xutiza de Galiza informándonos de que se vai ver modificada a lista de vacantes que se ofertarán no concurso. A razón é que se convocaron para a oposición un maior número de prazas das que agora teñen dispoñibles para outorgar destino, polo que se tivo que tomar a decisión de retirar do concurso aquelas prazas que non tiveran sido cubertas a resultas no do ano pasado. Entendemos que é un problema grave ao que a Dirección Xeral ten que buscar solución e que ningún aprobado/a se debe ver prexudicado/a pola mala previsión das persoas responsables, pero ofertando un menor número de prazas estase aminorando tamén a posibilidade de que os compañeiros e compañeiras que están destinados/as fóra de Galiza ou lonxe do seu domicilio poidan acadar unha praza máis próxima. Denunciamos polo tanto o mal facer da Administración neste caso así como o prexuízo que se está a causar ás persoas que quere

PARABENS Á SUBIDA SALARIAL ACADADA EN EUSKADI

Desde CIG-Xustiza queremos parabenizar as e os compañeiras/os de Euskadi polo acordo alcanzado onte co Goberno Vasco. Dito acordo supón un aumento retributivo do 13% e recolle a reivindicación histórica do colectivo de equiparar os salarios as táboas do persoal homologado da Administración Xeral da Comunidade Autónoma Vasca. As asambleas de traballadores e traballadoras celebradas no día de onte nas 3 cidades vascas ratificaron este acordo que supón o seguinte:  • Respétase a modalidade da xornada de I persoal de xustiza con todas as súas especificidades, incluído os días que resultan do exceso. • Incremento das retribucións brutas anuais nas seguintes cantidades:   FORENSES : 3.254,76€  XESTIÓN: 4.611,32€  TRAMITACIÓN: 4.007,64€  AUXILIO: 3.461,08€ • O abono das cantidades sería un 50% a sinatura do acordo e outro 50% o 1 de xaneiro de 2024, momento no que se vería alcanzada a equiparación salarial • Recoñécese un plus salarial para as traballadoras nos Xulgados de Violencia contr