Saltar ao contido principal

A CIG REÚNESE CO NOVO MINISTRO DE XUSTIZA, QUE É MÁIS DO QUE OUTROS PODEN DICIR

Onte pola tarde a CIG asistiu á convocatoria que o novo Ministro de Xustiza fixo a todos os sindicatos representativos do sector (CCOO, UGT, ELA, así como os corporativos CSIF e STAJ). A xuntanza serviu para unha primeira toma de contacto co novo Departamento, o cal se mostrou disposto a iniciar unha nova liña de comunicación aberta e permanente para poder coñecer de primeira man as necesidades e melloras da nosa Administración. O Ministro aproveitou para presentar as que van ser as súas liñas de traballo para esta lexislatura e que estarán recollidas no Plan 2030 para a Xustiza. Ofreceuse a negociar todos aqueles puntos que afecten ao persoal, garantindo que non se vai  pechar ningunha oficina nin de xulgados nin de Rexistro civil (431 oficinas en todo o Estado). Este último seguirá atendido por persoal de Xustiza e a entrada en funcionamento do novo sistema vai  ser progresiva e previa negociación. Apostará polos xulgados de Instancia así como que a sexa a Fiscalía a que leve a instrución.

Pola nosa banda esiximos as seguintes cuestións:

-Mantemento de todas as oficinas do Rexistro Civil, garantindo a súa atención exclusiva por persoal da Administración de Xustiza.

-Revisión da Lei de Demarcación e Planta para a creación de Xulgados comarcalizados exclusivos de Violencia sobre a Muller. Mantemento tamén de todos os partidos xudiciais existentes en Galiza.

-Instauración da carreira profesional na Administración de Xustiza, xa que a LOPX establece que é unha competencia exclusiva do Ministerio de Xustiza (Art. 519 3. Mediante Real Decreto, previa negociación con las organizaciones sindicales, se establecerán los criterios, requisitos y las cuantías iniciales del complemento de carrera profesional que será igual para todos los cuerpos con independencia de donde presten sus servicios).

- Recuperación total dos dereitos vixentes antes dos recortes do Decretazo 20/2012: xornada laboral de 7 horas diarias, recuperación do IPC perdido, prestacións da Muxexu, ...

- Unificación á alza do complemento xeral do posto.

- Modificación da Orde de gardas, adecuando os horarios e tempos de descanso á normativa europea, así como a revisión das retribucións. Instauración do sistema de gardas de 24 horas para as cidades de Vigo e A Coruña.

- Promoción Interna: recuperación do 50% das prazas para todos os corpos, incluíndo de Xestión PA a LAX, así como a supresión da oralidade no exame.

- Concurso de traslado: adaptar os tempos da resolución para conciliar a mobilidade familiar.

Comentarios

Publicacións populares deste blog

NOVOS PERMISOS FAMILIARES EBEP

Mentras non se mude a OPAX haberá que facer a petición dos permisos a través dos modelos que vos deixamos na ligazón. Ligazón folla informativa e modelos: https://drive.google.com/file/d/1MPr5QqScvQRMwysy7gh6SzErzD0lrRKo/view?usp=sharing

ERRO MONUMENTAL NAS VACANTES DO VINDEIRO CONCURSO DE TRASLADOS

A media mañá de hoxe venres recibimos unha chamada da Subdirectora Xeral de Persoal da Adminstración de Xutiza de Galiza informándonos de que se vai ver modificada a lista de vacantes que se ofertarán no concurso. A razón é que se convocaron para a oposición un maior número de prazas das que agora teñen dispoñibles para outorgar destino, polo que se tivo que tomar a decisión de retirar do concurso aquelas prazas que non tiveran sido cubertas a resultas no do ano pasado. Entendemos que é un problema grave ao que a Dirección Xeral ten que buscar solución e que ningún aprobado/a se debe ver prexudicado/a pola mala previsión das persoas responsables, pero ofertando un menor número de prazas estase aminorando tamén a posibilidade de que os compañeiros e compañeiras que están destinados/as fóra de Galiza ou lonxe do seu domicilio poidan acadar unha praza máis próxima. Denunciamos polo tanto o mal facer da Administración neste caso así como o prexuízo que se está a causar ás persoas que quere

PARABENS Á SUBIDA SALARIAL ACADADA EN EUSKADI

Desde CIG-Xustiza queremos parabenizar as e os compañeiras/os de Euskadi polo acordo alcanzado onte co Goberno Vasco. Dito acordo supón un aumento retributivo do 13% e recolle a reivindicación histórica do colectivo de equiparar os salarios as táboas do persoal homologado da Administración Xeral da Comunidade Autónoma Vasca. As asambleas de traballadores e traballadoras celebradas no día de onte nas 3 cidades vascas ratificaron este acordo que supón o seguinte:  • Respétase a modalidade da xornada de I persoal de xustiza con todas as súas especificidades, incluído os días que resultan do exceso. • Incremento das retribucións brutas anuais nas seguintes cantidades:   FORENSES : 3.254,76€  XESTIÓN: 4.611,32€  TRAMITACIÓN: 4.007,64€  AUXILIO: 3.461,08€ • O abono das cantidades sería un 50% a sinatura do acordo e outro 50% o 1 de xaneiro de 2024, momento no que se vería alcanzada a equiparación salarial • Recoñécese un plus salarial para as traballadoras nos Xulgados de Violencia contr