Saltar ao contido principal

A DIRECCIÓN XERAL DE XUSTIZA MODIFICA OS SERVIZOS MÍNIMOS (BORRADOR)

Publicadas as Resolucións do Ministerio de Xustiza, no referente á relativa ao cálculo e distribución de dotacións de servizos esenciais, sería competencia da Dirección Xeral de Xustiza realizar dita distribución en Galiza, polo que tería que modificar as resolucións do 15 e 17 de marzo e, polo tanto, non lle quedaría máis remedio que reducir os cadros de persoal para dotar os referidos servizos mínimos.
A CIG manifestou, tanto ao Ministerio como á Dirección Xeral que a dotación establecida para cubrir os servizos mínimos era excesiva e solicitamos que, con medidas como a dispoñibilidade ou o establecemento dun xulgado de gardas por xurisdición,  se reducirían os servizos mínimos,  se aforraría o uso de EPIS e se reduciría moito máis a posibilidade de risco de contaxio, mellorando a protección da saúde do persoal, mantendo sen mingua o servizo público da xustiza, dado o descenso da actividade xudicial.
O Ministerio de Xustiza respondeu coas resolucións publicadas neste mediodia e agora a Dirección Xeral de Xustiza, tendo en conta as mesmas ven de trasladarnos a última hora do luns 23 a Resolución coas adaptacións petinentes.

AVISO:
AO PARECER ESTA RESOLUCIÓN AINDA SE CONSIDERA UN BORRADOR E PEDIMOS DESCULPAS POR TELO PUBLICADO ANTES DE TEMPO (NON É A FORMA DE ACTUAR DA CIG E ISO SE PODE COMPROBAR EN TODAS AS NOVAS QUE TEMOS PUBLICADO) PERO CANDO NOS CHEGOU NON NOS DECATAMOS DE QUE NON ESTABA ASINADA DIXITALMENTE E, COMO TAMPOUCO CONTIÑA MENCIÓN NINGUNHA A QUE SE TRATABA DUN BORRADOR, CONSIDERAMOS A POSIBILIDADE DE PUBLICAR A MESMA NO NOSO BLOG.

Ligazón Resolución 4ª Dirección Xeral de Xustiza:

Comentarios

Publicacións populares deste blog

NOVOS PERMISOS FAMILIARES EBEP

Mentras non se mude a OPAX haberá que facer a petición dos permisos a través dos modelos que vos deixamos na ligazón. Ligazón folla informativa e modelos: https://drive.google.com/file/d/1MPr5QqScvQRMwysy7gh6SzErzD0lrRKo/view?usp=sharing

ERRO MONUMENTAL NAS VACANTES DO VINDEIRO CONCURSO DE TRASLADOS

A media mañá de hoxe venres recibimos unha chamada da Subdirectora Xeral de Persoal da Adminstración de Xutiza de Galiza informándonos de que se vai ver modificada a lista de vacantes que se ofertarán no concurso. A razón é que se convocaron para a oposición un maior número de prazas das que agora teñen dispoñibles para outorgar destino, polo que se tivo que tomar a decisión de retirar do concurso aquelas prazas que non tiveran sido cubertas a resultas no do ano pasado. Entendemos que é un problema grave ao que a Dirección Xeral ten que buscar solución e que ningún aprobado/a se debe ver prexudicado/a pola mala previsión das persoas responsables, pero ofertando un menor número de prazas estase aminorando tamén a posibilidade de que os compañeiros e compañeiras que están destinados/as fóra de Galiza ou lonxe do seu domicilio poidan acadar unha praza máis próxima. Denunciamos polo tanto o mal facer da Administración neste caso así como o prexuízo que se está a causar ás persoas que quere

PARABENS Á SUBIDA SALARIAL ACADADA EN EUSKADI

Desde CIG-Xustiza queremos parabenizar as e os compañeiras/os de Euskadi polo acordo alcanzado onte co Goberno Vasco. Dito acordo supón un aumento retributivo do 13% e recolle a reivindicación histórica do colectivo de equiparar os salarios as táboas do persoal homologado da Administración Xeral da Comunidade Autónoma Vasca. As asambleas de traballadores e traballadoras celebradas no día de onte nas 3 cidades vascas ratificaron este acordo que supón o seguinte:  • Respétase a modalidade da xornada de I persoal de xustiza con todas as súas especificidades, incluído os días que resultan do exceso. • Incremento das retribucións brutas anuais nas seguintes cantidades:   FORENSES : 3.254,76€  XESTIÓN: 4.611,32€  TRAMITACIÓN: 4.007,64€  AUXILIO: 3.461,08€ • O abono das cantidades sería un 50% a sinatura do acordo e outro 50% o 1 de xaneiro de 2024, momento no que se vería alcanzada a equiparación salarial • Recoñécese un plus salarial para as traballadoras nos Xulgados de Violencia contr