Alá polo 2007, en España e, particularmente en Barcelona, en varios dos
edificios considerados intelixentes, decenas de traballadoras/es comezaron a
sufrir un curioso trastorno: nas coxas, tamén en brazos e noutras zonas
presentaban fendas circulares, debidos á falta de tecido graxo baixo a
pel. Trátase dunha lesión rara chamada lipoatrofia semicircular,
unha afectación física que xa por aquel entón causou desconcerto entre
os médicos e que aínda hoxe é bastante descoñecida e pouco investigada, a
pesar de que segue tendo incidencia, sobre todo en mulleres. Ademais,
nos casos extremos, obriga ás empresas para cambiar de edificio en busca
de reverter o problema nos seus traballadores.
Para máis información consulta a ligazón.
Ligazón "PREVENCIÓN INTEGRAL":
Comentarios
Publicar un comentario