Saltar ao contido principal

MEDIDAS DE ÁCCESO Á PRESTACIÓN DE DETERMINADOS FÁRMACOS NA MUXEXU

Hoxe publicouse no BOE a Orde SND/266/2020, do 19 de marzo, pola que se establecen determinadas medidas para asegurar o acceso á prestación farmacéutica do Sistema Nacional de Saúde ao colectivo dos Réximes Especiais da Seguridade Social.

Primeiro. No ámbito dos Reximes Especiais da Mutualidade Xeral de Funcionarios Civís do Estado (MUFACE), do Instituto Social das Forzas Armadas (ISFAS) e da Mutualidade Xeral Xudicial (MUXEXU) excepcionar, de xeito transitorio, a obriga de estampillar o selo de visado de receitas daqueles medicamentos sometidos, segundo a lexislación vixente, a reservas singulares consistentes na imposición do visado previo á súa dispensación por oficinas de farmacia. 
 
Segundo. Para aqueles mutualistas que non reciban asistencia sanitaria a través do sistema público, facúltase ás Mutualidades para que poidan adoptar no seu ámbito de organización todas as medidas necesarias para garantir o acceso a tratamentos con aqueles medicamentos sen cupón-precinto e que son dispensados nos servizos de farmacia dos hospitais privados concertados, con cargo ao orzamento da respectiva Mutualidad. Os hospitais dispensadores deberán colaborar coas Mutualidades para a consecución deste fin, co obxectivo de asegurar a asistencia. 
 
Terceiro. Estas medidas estenderanse ata a finalización da declaración do estado de alarma e das súas posibles prórrogas.
 
Ligazón BOE:

Comentarios

Publicacións populares deste blog

NOVOS PERMISOS FAMILIARES EBEP

Mentras non se mude a OPAX haberá que facer a petición dos permisos a través dos modelos que vos deixamos na ligazón. Ligazón folla informativa e modelos: https://drive.google.com/file/d/1MPr5QqScvQRMwysy7gh6SzErzD0lrRKo/view?usp=sharing

ERRO MONUMENTAL NAS VACANTES DO VINDEIRO CONCURSO DE TRASLADOS

A media mañá de hoxe venres recibimos unha chamada da Subdirectora Xeral de Persoal da Adminstración de Xutiza de Galiza informándonos de que se vai ver modificada a lista de vacantes que se ofertarán no concurso. A razón é que se convocaron para a oposición un maior número de prazas das que agora teñen dispoñibles para outorgar destino, polo que se tivo que tomar a decisión de retirar do concurso aquelas prazas que non tiveran sido cubertas a resultas no do ano pasado. Entendemos que é un problema grave ao que a Dirección Xeral ten que buscar solución e que ningún aprobado/a se debe ver prexudicado/a pola mala previsión das persoas responsables, pero ofertando un menor número de prazas estase aminorando tamén a posibilidade de que os compañeiros e compañeiras que están destinados/as fóra de Galiza ou lonxe do seu domicilio poidan acadar unha praza máis próxima. Denunciamos polo tanto o mal facer da Administración neste caso así como o prexuízo que se está a causar ás persoas que quere

PARABENS Á SUBIDA SALARIAL ACADADA EN EUSKADI

Desde CIG-Xustiza queremos parabenizar as e os compañeiras/os de Euskadi polo acordo alcanzado onte co Goberno Vasco. Dito acordo supón un aumento retributivo do 13% e recolle a reivindicación histórica do colectivo de equiparar os salarios as táboas do persoal homologado da Administración Xeral da Comunidade Autónoma Vasca. As asambleas de traballadores e traballadoras celebradas no día de onte nas 3 cidades vascas ratificaron este acordo que supón o seguinte:  • Respétase a modalidade da xornada de I persoal de xustiza con todas as súas especificidades, incluído os días que resultan do exceso. • Incremento das retribucións brutas anuais nas seguintes cantidades:   FORENSES : 3.254,76€  XESTIÓN: 4.611,32€  TRAMITACIÓN: 4.007,64€  AUXILIO: 3.461,08€ • O abono das cantidades sería un 50% a sinatura do acordo e outro 50% o 1 de xaneiro de 2024, momento no que se vería alcanzada a equiparación salarial • Recoñécese un plus salarial para as traballadoras nos Xulgados de Violencia contr