Saltar ao contido principal

NOVAS INSTRUCIÓNS SOBRE SERVIZOS MÍNIMOS EN GALIZA

A Dirección Xeral de Xustiza so atende, literalmente, ao manifestado por parte das autoridades xudiciais, a lo menos así o reflicte na sua última Resolución de 17 de marzo de 2020, pero nada indica de ter tido en consideración as traballadoras e traballadores da administración de xustiza nin aos seus representantes sinidicais, nin de antender as multiples peticións realizadas desde as mesmas, a fin de tentar minimizar ao máximo posible a incidencia do coronavirus nesas traballadoras/es, esixindo as medidas de protección Parece como se na adminsitración de xustiza so houbera Maxistrados, Fiscais e Letrados que, precisamente son os que, en base as quendas establecidas, non van a estar máis que uns poucos por cada orde xurisdicional. Curiosamente a Dirección Xeral de Xustiza traslada a Resolución ministerial agas no que atinxe ao permiso especial de ausencia das traballadoras/es maiores de 60 anos. Nestes intres tanto o Minsiterio de Sanidade como o de Xustiza entenden como grupo de risco aos maiores de 60 anos e fixan éste como motivo de ausencia e a Dirección Xeral, saltándose a directriz estatal e arrogándose unha competencia que legalmente non ten, considera que dito grupo de funcionarias/os non son de risco  e que polo tanto non están contemplados entre os posibles solicitantes do permiso especial de ausencia ao posto de traballo.
Agora ben, se os prazos procesuais están suspendidos, os Xuices e Letrados están a quendas (ou teletraballo -menuda risa-), a maioría dos xuízos están ou van ser suspendidos (a lo menos os non vitais ou urxentes), non sería máis normal deixar só cada día, nas respectivas poboacións, un ou dous xulgados de garda de cada unha das ordes xurisdiccionais que, co cadro de persoal necesario poida atender as cuestións urxentes que houbera que realizar en cada unha desas ordes, co que a planificación dese traballo urxente se pode levar a cabo de xeito máis efectivo tanto polas oficinas de reparto como polos propios xulgados ao saberse en todo momento polo calendario de quendas realizado que xulgado está de garda en todo momento.
En definitiva, a Xunta co seu desleixo deixa que xuíces, fiscais e letrados tomen o mando nesta administración, coloca en situación máis vulnerable ao persoal da Admón. de Xustiza e, seguro que nos pide responsabilidade, cando eles non están a tela nin a exercela.
Nós non imos a ser vasallos nin submisos e denunciaremos todas as tropelías que se están a levar a cabo por parte desta administración. Non lle debemos nada. Alá cada un coa súa concencia, se é que a ten.

Ligazón 2ª Resolución de Servizos Esenciais:

Ligazón Instrución explicativa servizos esenciais:

Ligazón modelo solicitude permiso deber inexcusable:

Comentarios

Publicacións populares deste blog

NOVOS PERMISOS FAMILIARES EBEP

Mentras non se mude a OPAX haberá que facer a petición dos permisos a través dos modelos que vos deixamos na ligazón. Ligazón folla informativa e modelos: https://drive.google.com/file/d/1MPr5QqScvQRMwysy7gh6SzErzD0lrRKo/view?usp=sharing

ERRO MONUMENTAL NAS VACANTES DO VINDEIRO CONCURSO DE TRASLADOS

A media mañá de hoxe venres recibimos unha chamada da Subdirectora Xeral de Persoal da Adminstración de Xutiza de Galiza informándonos de que se vai ver modificada a lista de vacantes que se ofertarán no concurso. A razón é que se convocaron para a oposición un maior número de prazas das que agora teñen dispoñibles para outorgar destino, polo que se tivo que tomar a decisión de retirar do concurso aquelas prazas que non tiveran sido cubertas a resultas no do ano pasado. Entendemos que é un problema grave ao que a Dirección Xeral ten que buscar solución e que ningún aprobado/a se debe ver prexudicado/a pola mala previsión das persoas responsables, pero ofertando un menor número de prazas estase aminorando tamén a posibilidade de que os compañeiros e compañeiras que están destinados/as fóra de Galiza ou lonxe do seu domicilio poidan acadar unha praza máis próxima. Denunciamos polo tanto o mal facer da Administración neste caso así como o prexuízo que se está a causar ás persoas que quere

PARABENS Á SUBIDA SALARIAL ACADADA EN EUSKADI

Desde CIG-Xustiza queremos parabenizar as e os compañeiras/os de Euskadi polo acordo alcanzado onte co Goberno Vasco. Dito acordo supón un aumento retributivo do 13% e recolle a reivindicación histórica do colectivo de equiparar os salarios as táboas do persoal homologado da Administración Xeral da Comunidade Autónoma Vasca. As asambleas de traballadores e traballadoras celebradas no día de onte nas 3 cidades vascas ratificaron este acordo que supón o seguinte:  • Respétase a modalidade da xornada de I persoal de xustiza con todas as súas especificidades, incluído os días que resultan do exceso. • Incremento das retribucións brutas anuais nas seguintes cantidades:   FORENSES : 3.254,76€  XESTIÓN: 4.611,32€  TRAMITACIÓN: 4.007,64€  AUXILIO: 3.461,08€ • O abono das cantidades sería un 50% a sinatura do acordo e outro 50% o 1 de xaneiro de 2024, momento no que se vería alcanzada a equiparación salarial • Recoñécese un plus salarial para as traballadoras nos Xulgados de Violencia contr