O Ministerio de Xustiza indicou nunha nota difundida hoxe que levan traballando intensamente desde o sábado, momento no que adquiriron unha nova remesa de EPIs. Esta nova partida urxente de materiais preventivos, incluíndo máscaras, recibiranse na sedes xudiciais entre hoxe luns e mañá martes. Este envío é un complemento previo ao envío máis amplo do material que se pretende recibir o 1 de abril, e ser repartido igualmente nos dous días subseguintes.
A primeira distribución, que comprendeu máis de 600 dispensadores de xel de 0.5 litros e case 100.000 luvas proporcionadas por Correos, realizouse na semana do 23 de marzo.
O envío que se anuncia agora chegará aos 432 partidos xudiciais e componse de 41.000 máscaras, 164.600 luvas e 16.356 xeles.
Por último, o envío amplo repartirase en tres entregas separadas por uns días entre elas. Esta partida está composta xa por unha cantidade importante de 175.000 máscaras cirúrxicas, 350.000 luvas de látex e 30.000 dispensadores de 0.5 litros de xel.
A repartición entre todos os partidos xudiciais do Estado dos equipos de protección individual adquiridos polo Ministerio de Xustiza, fíxose atendendo a criterios de proporcionalidade ao número de persoas que están a atender os servizos esenciais, así como ao número de órganos xudiciais existentes no partido xudicial. Tivéronse tamén en conta factores de corrección como son os de ser capital de provincia e polo tanto ter órganos con competencia provincial (xulgados penais con xuízos non suspendidos, menores, etc) así como, nalgún caso, a maior incidencia da crise nalgún territorio (casos de Madrid e Barcelona).
A CIG ven de participar na Mesa Sectorial do Ministerio de Xustiza, xunto cos sindicatos representativos do sector (Ccoo, Ugt, Ela, así como os corporativos Csif e Staj). Nela tratouse a primeira valoración da Lei 20/2021 e o seu impacto na OEP 2019 e seguintes da Administración de Xustiza. O Ministerio de Xustiza xa está a tratar o tema coas distintas CCAA con transferencias na materia posto que a cada unha lle afecta en maior o menor medida. Respecto da promoción interna non lle ven posibles afectacións. Dende a CIG reclamamos a recuperación do 50% das prazas para a PI, así como unha convocatoria extraordinaria que permita recuperar as prazas perdidas. Como a norma afecta de xeito diferente a cada OEP, o Ministerio entende que non se poderán acumular entre elas, pero de atopar o xeito de facelo optarán por esta vía que será a máis áxil. O Ministerio entende que para a OEP do 2019 xa deberían ofertar polo sistema de concurso aquelas prazas que leven ocupadas con carácter temporal de f
Comentarios
Publicar un comentario