Saltar ao contido principal

O MINISTERIO DE XUSTIZA, EN CONTACTO COAS COMUNIDADE AUTÓNOMAS, ESTABLECE NOVAS DIRECTRICES PARA SERVIZOS ESENCIAIS

O Ministerio de Xustiza ditou hoxe unha resolución na que se establecen as novas directrices para o cumprimento dos servizos esenciais nos xulgados e tribunais durante a vixencia do estado de alarma para a contención do COVID-19. As novas medidas acordáronse en diálogo permanente coas comunidades autónomas. O ministro Juan Carlos Campo, xunto co secretario de Estado, Pablo Zapatero, e o secretario xeral para a Innovación e Calidade do Servizo Público de Xustiza, Borja Vargues, mantiveron esta mañá unha videoconferencia con 12 conselleiros autonómicos para coordinar con eles as novas instrucións. Entendemos que a Dirección Xeral de Xustiza replicará dita resolución adaptándoa ao territorio de Galiza.
Cabe salientar que unha das medidas instauradas é a posibilidade de exención das quendas de servizos mínimos dos maiores de 60 anos e dos que teñan solicitado permiso por deber inexcusable por coidado de fillos ou persoas maiores a cargo. Agora só queda que a Xunta traspoña dita resolución ao noso ámbito.

Ligazón Resolución Ministerio.

Comentarios

Publicacións populares deste blog

NOVOS PERMISOS FAMILIARES EBEP

Mentras non se mude a OPAX haberá que facer a petición dos permisos a través dos modelos que vos deixamos na ligazón. Ligazón folla informativa e modelos: https://drive.google.com/file/d/1MPr5QqScvQRMwysy7gh6SzErzD0lrRKo/view?usp=sharing

ERRO MONUMENTAL NAS VACANTES DO VINDEIRO CONCURSO DE TRASLADOS

A media mañá de hoxe venres recibimos unha chamada da Subdirectora Xeral de Persoal da Adminstración de Xutiza de Galiza informándonos de que se vai ver modificada a lista de vacantes que se ofertarán no concurso. A razón é que se convocaron para a oposición un maior número de prazas das que agora teñen dispoñibles para outorgar destino, polo que se tivo que tomar a decisión de retirar do concurso aquelas prazas que non tiveran sido cubertas a resultas no do ano pasado. Entendemos que é un problema grave ao que a Dirección Xeral ten que buscar solución e que ningún aprobado/a se debe ver prexudicado/a pola mala previsión das persoas responsables, pero ofertando un menor número de prazas estase aminorando tamén a posibilidade de que os compañeiros e compañeiras que están destinados/as fóra de Galiza ou lonxe do seu domicilio poidan acadar unha praza máis próxima. Denunciamos polo tanto o mal facer da Administración neste caso así como o prexuízo que se está a causar ás persoas que quere

PARABENS Á SUBIDA SALARIAL ACADADA EN EUSKADI

Desde CIG-Xustiza queremos parabenizar as e os compañeiras/os de Euskadi polo acordo alcanzado onte co Goberno Vasco. Dito acordo supón un aumento retributivo do 13% e recolle a reivindicación histórica do colectivo de equiparar os salarios as táboas do persoal homologado da Administración Xeral da Comunidade Autónoma Vasca. As asambleas de traballadores e traballadoras celebradas no día de onte nas 3 cidades vascas ratificaron este acordo que supón o seguinte:  • Respétase a modalidade da xornada de I persoal de xustiza con todas as súas especificidades, incluído os días que resultan do exceso. • Incremento das retribucións brutas anuais nas seguintes cantidades:   FORENSES : 3.254,76€  XESTIÓN: 4.611,32€  TRAMITACIÓN: 4.007,64€  AUXILIO: 3.461,08€ • O abono das cantidades sería un 50% a sinatura do acordo e outro 50% o 1 de xaneiro de 2024, momento no que se vería alcanzada a equiparación salarial • Recoñécese un plus salarial para as traballadoras nos Xulgados de Violencia contr