Saltar ao contido principal

PRIMEIROS CASOS DE COVID-19 NOS XULGADOS GALEGOS

Ademáis do posible caso do Xulgado do Social nº 3 de Vigo, acaba de confirmarse outro caso no Xulgado do Social nº 6, tamén en Vigo, ademáis doutros casos na nosa comunidade; dous nunha localidade de Pontevedra, e outros dous casos na provincia de Ourense e na de Lugo, respectivamente. A Xunta con notificar a autoridade competente os casos producidos (en Galiza ao parecer é a Delegación do Goberno) xa parece que se lava as mans, no canto de ser proactiva e solicitar de dita autoridade, no seu caso, o peche do órgano afectado e o confinamento en corentena do persoal do mesmo, a fin de evitar no posible a expansión do coronavirus nos centros de traballo. 
Por todo iso imos presentar ante a Dirección Xeral de Xustiza un escrito para que á maior brevidade, se convoque a Mesa Sectorial de Xustiza (por videoconferencia), para informar ás Organización Sindicais da situación actual nos centros de traballo e poidamos facer propostas, como lexítimos representantes das traballadoras e traballadores da xustiza galega, para tratar de minimizar os efectos do Covid-19, e así mesmo se convoque ao Comité de Seguridade e Saúde Laboral, para que coordine as medidas relativas ao seu ámbito.

Ligazón escrito:

Comentarios

Publicacións populares deste blog

NOVOS PERMISOS FAMILIARES EBEP

Mentras non se mude a OPAX haberá que facer a petición dos permisos a través dos modelos que vos deixamos na ligazón. Ligazón folla informativa e modelos: https://drive.google.com/file/d/1MPr5QqScvQRMwysy7gh6SzErzD0lrRKo/view?usp=sharing

ERRO MONUMENTAL NAS VACANTES DO VINDEIRO CONCURSO DE TRASLADOS

A media mañá de hoxe venres recibimos unha chamada da Subdirectora Xeral de Persoal da Adminstración de Xutiza de Galiza informándonos de que se vai ver modificada a lista de vacantes que se ofertarán no concurso. A razón é que se convocaron para a oposición un maior número de prazas das que agora teñen dispoñibles para outorgar destino, polo que se tivo que tomar a decisión de retirar do concurso aquelas prazas que non tiveran sido cubertas a resultas no do ano pasado. Entendemos que é un problema grave ao que a Dirección Xeral ten que buscar solución e que ningún aprobado/a se debe ver prexudicado/a pola mala previsión das persoas responsables, pero ofertando un menor número de prazas estase aminorando tamén a posibilidade de que os compañeiros e compañeiras que están destinados/as fóra de Galiza ou lonxe do seu domicilio poidan acadar unha praza máis próxima. Denunciamos polo tanto o mal facer da Administración neste caso así como o prexuízo que se está a causar ás persoas que quere

PARABENS Á SUBIDA SALARIAL ACADADA EN EUSKADI

Desde CIG-Xustiza queremos parabenizar as e os compañeiras/os de Euskadi polo acordo alcanzado onte co Goberno Vasco. Dito acordo supón un aumento retributivo do 13% e recolle a reivindicación histórica do colectivo de equiparar os salarios as táboas do persoal homologado da Administración Xeral da Comunidade Autónoma Vasca. As asambleas de traballadores e traballadoras celebradas no día de onte nas 3 cidades vascas ratificaron este acordo que supón o seguinte:  • Respétase a modalidade da xornada de I persoal de xustiza con todas as súas especificidades, incluído os días que resultan do exceso. • Incremento das retribucións brutas anuais nas seguintes cantidades:   FORENSES : 3.254,76€  XESTIÓN: 4.611,32€  TRAMITACIÓN: 4.007,64€  AUXILIO: 3.461,08€ • O abono das cantidades sería un 50% a sinatura do acordo e outro 50% o 1 de xaneiro de 2024, momento no que se vería alcanzada a equiparación salarial • Recoñécese un plus salarial para as traballadoras nos Xulgados de Violencia contr