Saltar ao contido principal

REDUCIÓN DOS SERVIZOS MÍNIMOS - RESOLUCIÓN DIRECCIÓN XERAL DE XUSTIZA

As modificacións levadas a cabo en relación ao borrador que vos trasladaramos anteriormente concrétanse en:

2. Audiencias provinciais:

2.1. Seccións civís: un funcionario do corpo de xestión P.A. ou de tramitación P.A. por cada dúas seccións ou fracción e un funcionario do corpo de auxilio xudicial para todas as secciones.

3. Xulgados unipersoais: -

Xulgados de instrución e xulgados de primeira instancia e instrución de garda: os funcionarios que efectúan o servizo de garda habitualmente, que se encargarán de apoiar a tramitación de causas con preso dos restantes xulgados.

Xulgados de instrución e xulgados de primeira instancia e instrución con competencias en violencia sobre a muller: un funcionario do corpo de xestión P.A. ou un funcionario do corpo de tramitación P.A

Xulgados de primeira instancia: un funcionario do corpo de xestión P.A. ou un funcionario do corpo de tramitación P.A., para todos os xulgados desta clase do partido xudicial.

Xulgados de primeira instancia especializados en Dereito de Familia: un funcionario do corpo de xestión P.A. ou un funcionario do corpo de tramitación P.A., para todos os xulgados desta clase do partido xudicial.

Xulgados do social: un funcionario do corpo de xestión P.A. ou un funcionario do corpo de tramitación P.A., e un funcionario do corpo de auxilio xudicial para todos os xulgados desta clase do partido xudicial.

Xulgados do contencioso-administrativo: un funcionario do corpo de xestión P.A. ou un funcionario do corpo de tramitación P.A., e un funcionario do corpo de auxilio xudicial para todos os xulgados desta clase do partido xudicial.

Xulgado de vixilancia penitenciaria: un funcionario do corpo de xestión P.A. ou un funcionario do corpo de tramitación P.A.

4º Rexistros civís: - Rexistros civís exclusivos: dous funcionarios do corpo de xestión P.A. ou do corpo de tramitación P.A

Ligazón resolución DXX redución efectivos:
https://drive.google.com/file/d/1YiA2utoCKR4NwlH9V58FWKmBSDUBHiC4/view?usp=sharing

Comentarios

Publicacións populares deste blog

MOBILIZACIÓNS EN MADRID SOBRE NEGOCIACIÓN DA LOEO, DETALLE DE FUNCIÓNS E MELLORAS SALARIAIS

  As/os delegadas/os da CIG Xustiza estiveron esta mañá na concentración convocada diante do Ministerio en Madrid apoiando as mobilizacións que se están a levar a cabo solicitando a paralización da tramitación da LOEO, unha regulación máis detallada das funcións dos distintos corpos así como un aumento salarial acorde a esas funcións.

NOVOS PERMISOS FAMILIARES EBEP

Mentras non se mude a OPAX haberá que facer a petición dos permisos a través dos modelos que vos deixamos na ligazón. Ligazón folla informativa e modelos: https://drive.google.com/file/d/1MPr5QqScvQRMwysy7gh6SzErzD0lrRKo/view?usp=sharing

MANIFESTACIÓN EN MADRID REIVINDICANDO MELLORAS NA LOEO, FUNCIÓNS E RETRIBUCIÓNS

Manifestación en Madrid sobre reclamación de melloras na negociación da LOEO, detalle de funcións e melloras retributivas para todo o estado.