Saltar ao contido principal

VIDEOCONFERENCIA CO MINISTERIO DE XUSTIZA


O MINISTERIO DE XUSTIZA ASUME A COORDINACIÓN DA ACTIVIDADE PROFESIONAL DOS MEMBROS DOS CORPOS DE FUNCIONARIOS EN TODO O TERRITORIO DO ESTADO

E MENTRES A DIRECCIÓN XERAL DE XUSTIZA DA XUNTA DE GALIZA SEGUE SEN TER COMUNICACIÓN NINGUNHA COS LEXÍTIMOS REPRESENTANTES DAS TRABALLADORAS E TRABALLADORES DA XUSTIZA GALEGA
 
No día de hoxe a CIG participou xunto ás outras cinco organizacións sindicais con representación na mesa sectorial (ELA, CCOO, CSIF, STAJ e UGT), nunha nova reunión por videoconferencia co Ministerio de Xustiza, mantendo así a canle de comunicación aberta o pasado luns para tratar a problemática en relación aos servizos mínimos e medidas de protección na administración de xustiza.
Fixemos chegar o malestar dos traballadores da xustiza galega pola que consideramos inxerencia do CXPX, segundo eles en aras ao mantemento do servizo público, en asuntos de persoal que non son da súa competencia. Si é da súa competencia decretar cales son os servizos esenciais, pero non o persoal necesario para atender eses servizos.
De igual forma trasladamos o que consideramos deixamento absoluto da Dirección Xeral de Xustiza da Xunta que segue sen ter comunicación algunha cos lexítimos representantes das traballadoras e traballadores da xustiza en Galiza dende que se decretou o Estado de Alarma e de Emerxencia Sanitaria no noso país.

Coa publicación hoxe no BOE da orde SND/261/2020, pola que se encomenda ao Ministro de Xustiza a coordinación da actividade profesional dos membros dos corpos de funcionarios regulados no libro VI da Lei Orgánica 6/1985, do 1 de xullo, do Poder Xudicial en todo o territorio do Estado, faise caso á nosa solicitude (dado o deixamento da Direc. Xeral de Xustiza) feita na reunión do pasado luns.

Propuxemos diversas medidas a tomar en relación aos servizos mínimos establecidos, que consideramos excesivos dado o descenso da actividade xudicial. Medidas encamiñadas a garantir tanto a saúde do persoal como o mantemento do servizo da xustiza.
Solicitamos que as OO.SS. como lexìtimos representantes d@s traballador@s, estean presentes na Comisión de coordinación da situación de crise prevista na orde publicada hoxe no BOE.




En canto as medidas de prevención, esiximos un protocolo de actuación para o persoal e centros de traballo afectados por contaxios, así como a dotación de material individual (EPIs) para o persoal que realiza os servizos mínimos, que se se reducen como solicitamos sería máis factible dotalos, dada a escaseza de material e as prioridades sanitarias.
Tamén solicitamos , que @s traballador@s de máis de 60 anos se consideren grupo de risco e por tanto non entren nas quendas de servizos mínimos e estean exentos de acudir ao traballo.

O Ministerio comunicou que estudiará todas as solicitudes das Centrais Sindicais (prioritariamente a dotación dos servizos mínimos e a adopción de medidas sanitarias) e lles dará resposta o antes posible. Entre hoxe e mañá publicará na web unha normativa específica sobre prevención.

Ve difícil que os Sindicatos poidamos estar con representación na Comisión de coordinación, pero si garantiu o contacto con nós e o traslado á Comisión das nosas propostas.

O Ministerio agradeceu a colaboración das OO.SS. e manifestou a súa intención de manter a canle de comunicación aberta, emprazándonos para o martes ou mércores para unha nova reunión por videoconferencia. 
 
Galiza 20 de marzo de 2020

Comentarios

Publicacións populares deste blog

NOVOS PERMISOS FAMILIARES EBEP

Mentras non se mude a OPAX haberá que facer a petición dos permisos a través dos modelos que vos deixamos na ligazón. Ligazón folla informativa e modelos: https://drive.google.com/file/d/1MPr5QqScvQRMwysy7gh6SzErzD0lrRKo/view?usp=sharing

ERRO MONUMENTAL NAS VACANTES DO VINDEIRO CONCURSO DE TRASLADOS

A media mañá de hoxe venres recibimos unha chamada da Subdirectora Xeral de Persoal da Adminstración de Xutiza de Galiza informándonos de que se vai ver modificada a lista de vacantes que se ofertarán no concurso. A razón é que se convocaron para a oposición un maior número de prazas das que agora teñen dispoñibles para outorgar destino, polo que se tivo que tomar a decisión de retirar do concurso aquelas prazas que non tiveran sido cubertas a resultas no do ano pasado. Entendemos que é un problema grave ao que a Dirección Xeral ten que buscar solución e que ningún aprobado/a se debe ver prexudicado/a pola mala previsión das persoas responsables, pero ofertando un menor número de prazas estase aminorando tamén a posibilidade de que os compañeiros e compañeiras que están destinados/as fóra de Galiza ou lonxe do seu domicilio poidan acadar unha praza máis próxima. Denunciamos polo tanto o mal facer da Administración neste caso así como o prexuízo que se está a causar ás persoas que quere

PARABENS Á SUBIDA SALARIAL ACADADA EN EUSKADI

Desde CIG-Xustiza queremos parabenizar as e os compañeiras/os de Euskadi polo acordo alcanzado onte co Goberno Vasco. Dito acordo supón un aumento retributivo do 13% e recolle a reivindicación histórica do colectivo de equiparar os salarios as táboas do persoal homologado da Administración Xeral da Comunidade Autónoma Vasca. As asambleas de traballadores e traballadoras celebradas no día de onte nas 3 cidades vascas ratificaron este acordo que supón o seguinte:  • Respétase a modalidade da xornada de I persoal de xustiza con todas as súas especificidades, incluído os días que resultan do exceso. • Incremento das retribucións brutas anuais nas seguintes cantidades:   FORENSES : 3.254,76€  XESTIÓN: 4.611,32€  TRAMITACIÓN: 4.007,64€  AUXILIO: 3.461,08€ • O abono das cantidades sería un 50% a sinatura do acordo e outro 50% o 1 de xaneiro de 2024, momento no que se vería alcanzada a equiparación salarial • Recoñécese un plus salarial para as traballadoras nos Xulgados de Violencia contr