Saltar ao contido principal

XUNTANZA CON FUNCIÓN PÚBLICA AUTONÓMICA - FIXACIÓN DE MEDIDAS ANTE O CORONAVIRUS

A continuación vos indicamos o tratado na xuntanza de onte en Función Pública Autonómica e un resume das medidas adoptadas. Na ligazón de abaixo podedes consultar a publicación no DOG das mesmas. No eido de Xustiza hoxe deberían de acordarse medidas específicas e concretas para dito sector

*Despois de que a CIG lévase días reclamando aos responsábeis políticos da Administración Autonómica a convocatoria urxente dos comités de prevención de riscos laborais para tomar medidas e que nos preparásemos para o risco que supón a infección de COVID19, por fin a Xunta esperta e comeza a tomar conciencia da magnitude do problema.*

*O xoves 12 acudimos á xuntanza convocada polo director xeral de Función Pública. Subliñando o valor da información e fuxindo do alarmismo desmesurado, a CIG acolle as medidas propostas polos responsábeis da Administración, e que serán publicadas no DOG do venres 13.*

Se ven a maioría das medidas son de carácter personal e individual, tamén propoñen medidas organizativas.

*Medidas en caso de síntomas:*

▪Teléfono de informacion 900400116 (de balde).
▪ Teléfono de informacion para casos de sintomatoloxía: 061.
▪ *Se os síntomas aparecen no seu domicilio,* deberá comunicalo ao 061 -tal e como estableceron as autoridades sanitarias- e non acudirá ao centro de traballo. Deberá comunicar á súa unidade a situación e a súa ausencia será considerada como xustificada.
▪ *Se os síntomas aparecen no posto de traballo,* o empregado deberá informar ao seu superior, trasladarase de inmediato a un espazo cerrado e porase en contacto con 061 para adoptar as medidas que indiquen as autoridades sanitarias. Os responsables de persoal serán os encargados de ditar as instrucións para ventilar ben o espazo e que se limpe cunha solución de hipoclorito sódico.

*Medidas como consecuencia peche centros:*

▪ *Persoal dos centros docentes:* acudirá ao posto de traballo, agas indicación en contra (van tratar de dar clases telemáticas).
▪ *Persoas con fillos ou maiores a cargo:* adoptar medidas especiais de flexibilidade da xornada laboral, sen suxeición aos límites horarios previstos na normativa. De ser imprescindible, tamén se permitirá a presenza do persoal no seu domicilio. En caso de que ambos proxenitores ou responsables teñan a condición de empregados públicos non poderán empregar estas medidas de forma simultánea. As ausencias xustificaranse como deber inexcusable.

*Outras medidas:*

▪ *Formación:* pasarase a teleformación.
▪ *Procesos selectivos en marcha:* suspenderanse durante tres meses.
▪ *Viaxes de traballo:* pospoñeranse todos os non imprescindibles.
▪ Ademais, se nalgún momento as recomendacións sanitarias o aconsellasen, desde a Xunta poderanse adoptar medidas de posta en marcha de teletraballo para preservar a saúde da persoas dos distintos centros.
▪ *Rexistro e atención ao público:*
👉 Ademais de trasladar toda a información necesaria ao persoal, incidindo nas medidas hixiénicas, reforzarase a limpeza das instalacións con produtos desinfectantes e disporase dos elementos necesarios de hixiene, como o xel hidroalcóholico e xabón. Neste ámbito, tamén se lle facilitará ao persoal que atende ao público o acceso aos aseos co obxectivo de que poidan lavar as mans coa frecuencia que precisen.
👉 Ademais, disporase dunha distancia de polo menos un metro co público e evitarase o contacto físico. Tamén se controlará, na medida do posible, a afluencia de público co fin de evitar aglomeracións nas zonas de espera. De haber persoal especialmente sensible nestas oficinas, deberán comunicalo ao seu superior para adoptar as medidas específicas necesarias para o seu caso.
▪ Permitirase que *persoal especialmente sensible* poida ausentarse do seu posto de traballo se hai unha recomendación sanitaria que así o indique. Isto incluiría a persoas con patoloxías concurrentes ou enfermidades crónicas, mulleres embarazadas ou persoas con fillos menores de idade e/ou persoas dependentes ao seu cargo.
▪ *A Axencia Tributaria faranselle extensibles estas accións.*

*A MAIORES, DENDE A CIG SOLICITAMOS:*

👉 Ampliar o espazo de separacion entre persoas a *2 metros.*
👉 *Suspender* computo de *prazos.*
👉 *Suspender trámites non indispensables* (permisos de queimas, solicitudes..).
👉 Instruccións específicas cara ás persoas responsábeis de centros nas que se prohíba levar a roupa de traballo a lavar para casa, se dote do material suficiente, plan de limpeza. Especial fincapé en centros de día e residencias de maiores.
👉 Que se *aumente automaticamente o número de xornadas de teletraballo* a todo o persoal que xa o ten concedido.
👉 Que se *atenda ao público mediante cita previa* ou algún outro sistema de control para evitar amoreamentos.
👉 Que se *convoquen aos comités de seguridade e saude laboral* con este punto único para o control e avaliación destas medidas e outras complementarias concretas que se consideren necesarias.
➖➖➖➖➖➖➖➖➖➖➖
*DENDE A CIG PEDIMOS UN EXERCICIO DE SOLIDARIDADE COLECTIVA AXUDANDO A MANTER OS SERVIZOS PÚBLICOS ESENCIAS COA MAIOR NORMALIDADE POSIBLE TENDO EN CONTA A SALVAGARDA DA SAÚDE PERSOAL E DAS PERSOAS USUARIAS.*
Ligazón DOG:

Comentarios

Publicacións populares deste blog

NOVOS PERMISOS FAMILIARES EBEP

Mentras non se mude a OPAX haberá que facer a petición dos permisos a través dos modelos que vos deixamos na ligazón. Ligazón folla informativa e modelos: https://drive.google.com/file/d/1MPr5QqScvQRMwysy7gh6SzErzD0lrRKo/view?usp=sharing

ERRO MONUMENTAL NAS VACANTES DO VINDEIRO CONCURSO DE TRASLADOS

A media mañá de hoxe venres recibimos unha chamada da Subdirectora Xeral de Persoal da Adminstración de Xutiza de Galiza informándonos de que se vai ver modificada a lista de vacantes que se ofertarán no concurso. A razón é que se convocaron para a oposición un maior número de prazas das que agora teñen dispoñibles para outorgar destino, polo que se tivo que tomar a decisión de retirar do concurso aquelas prazas que non tiveran sido cubertas a resultas no do ano pasado. Entendemos que é un problema grave ao que a Dirección Xeral ten que buscar solución e que ningún aprobado/a se debe ver prexudicado/a pola mala previsión das persoas responsables, pero ofertando un menor número de prazas estase aminorando tamén a posibilidade de que os compañeiros e compañeiras que están destinados/as fóra de Galiza ou lonxe do seu domicilio poidan acadar unha praza máis próxima. Denunciamos polo tanto o mal facer da Administración neste caso así como o prexuízo que se está a causar ás persoas que quere

PARABENS Á SUBIDA SALARIAL ACADADA EN EUSKADI

Desde CIG-Xustiza queremos parabenizar as e os compañeiras/os de Euskadi polo acordo alcanzado onte co Goberno Vasco. Dito acordo supón un aumento retributivo do 13% e recolle a reivindicación histórica do colectivo de equiparar os salarios as táboas do persoal homologado da Administración Xeral da Comunidade Autónoma Vasca. As asambleas de traballadores e traballadoras celebradas no día de onte nas 3 cidades vascas ratificaron este acordo que supón o seguinte:  • Respétase a modalidade da xornada de I persoal de xustiza con todas as súas especificidades, incluído os días que resultan do exceso. • Incremento das retribucións brutas anuais nas seguintes cantidades:   FORENSES : 3.254,76€  XESTIÓN: 4.611,32€  TRAMITACIÓN: 4.007,64€  AUXILIO: 3.461,08€ • O abono das cantidades sería un 50% a sinatura do acordo e outro 50% o 1 de xaneiro de 2024, momento no que se vería alcanzada a equiparación salarial • Recoñécese un plus salarial para as traballadoras nos Xulgados de Violencia contr