A CIG realizou, o pasado xoves, protestas simbólicas nas sete grandes cidades de galiza, para
reclamar dos gobernos español e galego medidas de protección laboral e
social para a clase traballadora e esixir que os custes da emerxencia
sanitaria non recaian, unha vez máis, sobre as maiorías sociais. As
concentracións, nas que participaron sobre dez persoas garandando as
correspondentes medidas de seguridade, desenvolvéronse diante da
Delegación do Goberno na Coruña, das Subdelegacións de Pontevedra, Lugo e
Ourense e nos edificios da Xunta de Galiza de Vigo, Ferrol e Santiago
de Compostela.
Comentarios
Publicar un comentario