Saltar ao contido principal

A INSTANCIAS DA CIG CONSÉGUESE A UNIFICACIÓN DE CRITERIOS NA EXPEDICIÓN DE LICENZAS DE ENTERRAMENTO

A Comisión de Seguemento da Crise Sanitaria polo Coronavirus Covid-19 acordou na súa sesión do pasado 23/04/2020, a instancias da CIG  que, en relación coa expedición de licenzas de enterramento nas fins de semana e festivos, dado que a situación na nosa comunidade non é tan preocupante como noutras, unificar o criterio e autorizar que os xulgados de garda asuman as licenzas de enterramento neses días, xa que actualmente había Rexistros Civis que tiñan que facer horario ata as 20:00 horas de luns a venres e tamen se lles esixía traballar os sábados e os domingos, contradecindo dita situación a cautela de manter o menor número de efectivos presenciais necesarios. Prevaleceu a lóxica e validouse o criterio esgrimido pola CIG, ao ser Galiza unha comunidade onde os falecementos non se incrementaron de xeito exponencial.
A comisión indicou tamén que, nos Rexistros civís das sete grandes cidades, os respectivos Sres. Letrados da Administración de Xustiza poderán chamar a máis persoal para a atención telefónica e do recibido por correo electrónico, para así cumprimentar as esixencias reguladas normativamente, evitando así o traslado dos cidadáns ás dependencias dos anteditos Rexistros Civís.

Ligazón Acta Comisión Covid-19 - 23-04-2020:
http://www.poderjudicial.es/stfls/TRIBUNALES%20SUPERIORES%20DE%20JUSTICIA/TSJ%20Galicia/ACTAS%20COVID-19/FICHEROS/20200423%20Acta%20de%20la%20Comisi%C3%B3n%20de%20Seguimiento%20para%20el%20COVID-19%20-%20TSJ%20Galicia.pdf

Comentarios

Publicacións populares deste blog

NOVOS PERMISOS FAMILIARES EBEP

Mentras non se mude a OPAX haberá que facer a petición dos permisos a través dos modelos que vos deixamos na ligazón. Ligazón folla informativa e modelos: https://drive.google.com/file/d/1MPr5QqScvQRMwysy7gh6SzErzD0lrRKo/view?usp=sharing

ERRO MONUMENTAL NAS VACANTES DO VINDEIRO CONCURSO DE TRASLADOS

A media mañá de hoxe venres recibimos unha chamada da Subdirectora Xeral de Persoal da Adminstración de Xutiza de Galiza informándonos de que se vai ver modificada a lista de vacantes que se ofertarán no concurso. A razón é que se convocaron para a oposición un maior número de prazas das que agora teñen dispoñibles para outorgar destino, polo que se tivo que tomar a decisión de retirar do concurso aquelas prazas que non tiveran sido cubertas a resultas no do ano pasado. Entendemos que é un problema grave ao que a Dirección Xeral ten que buscar solución e que ningún aprobado/a se debe ver prexudicado/a pola mala previsión das persoas responsables, pero ofertando un menor número de prazas estase aminorando tamén a posibilidade de que os compañeiros e compañeiras que están destinados/as fóra de Galiza ou lonxe do seu domicilio poidan acadar unha praza máis próxima. Denunciamos polo tanto o mal facer da Administración neste caso así como o prexuízo que se está a causar ás persoas que quere

PARABENS Á SUBIDA SALARIAL ACADADA EN EUSKADI

Desde CIG-Xustiza queremos parabenizar as e os compañeiras/os de Euskadi polo acordo alcanzado onte co Goberno Vasco. Dito acordo supón un aumento retributivo do 13% e recolle a reivindicación histórica do colectivo de equiparar os salarios as táboas do persoal homologado da Administración Xeral da Comunidade Autónoma Vasca. As asambleas de traballadores e traballadoras celebradas no día de onte nas 3 cidades vascas ratificaron este acordo que supón o seguinte:  • Respétase a modalidade da xornada de I persoal de xustiza con todas as súas especificidades, incluído os días que resultan do exceso. • Incremento das retribucións brutas anuais nas seguintes cantidades:   FORENSES : 3.254,76€  XESTIÓN: 4.611,32€  TRAMITACIÓN: 4.007,64€  AUXILIO: 3.461,08€ • O abono das cantidades sería un 50% a sinatura do acordo e outro 50% o 1 de xaneiro de 2024, momento no que se vería alcanzada a equiparación salarial • Recoñécese un plus salarial para as traballadoras nos Xulgados de Violencia contr