Saltar ao contido principal

CONTINÚAN ACTIVAS AS REVISIÓNS MÉDICAS E AS SÚAS CITAS

Segundo nos informou a Adminsitración Autonómica, as revisións médicas seguen funcionando con normalidade. Malia o anterior, pódese modificar a solicitude para quen o queira deixar para máis adiante (a modificación ten que realizarse a través da OPAX, con 5 días de antelación á data da revisión).
Se alguén, durante o período de Estado de Alarma, non foi á revisión, posteriormente, cando pase esta situación,  poderá chamar ao SPRL correspondente para ver se é posible xestionar unha nova cita (neste caso sempre que haxa datas dispoñibles).
  • Servizo de Prevención de Riscos Laborais. A Coruña
    Teléfono: 981 184 491
  • Servizo de Prevención de Riscos Laborais. Lugo
    Teléfono: 982 294 886
  • Servizo de Prevención de Riscos Laborais. Ourense
    Teléfono: 988 386 791
  • Servizo de Prevención de Riscos Laborais. Pontevedra
    Teléfono: 986 805 295
  • Servizo de Prevención de Riscos Laborais. Santiago
    Teléfono: 981 544 900


Comentarios

Publicacións populares deste blog

NOVOS PERMISOS FAMILIARES EBEP

Mentras non se mude a OPAX haberá que facer a petición dos permisos a través dos modelos que vos deixamos na ligazón. Ligazón folla informativa e modelos: https://drive.google.com/file/d/1MPr5QqScvQRMwysy7gh6SzErzD0lrRKo/view?usp=sharing

ERRO MONUMENTAL NAS VACANTES DO VINDEIRO CONCURSO DE TRASLADOS

A media mañá de hoxe venres recibimos unha chamada da Subdirectora Xeral de Persoal da Adminstración de Xutiza de Galiza informándonos de que se vai ver modificada a lista de vacantes que se ofertarán no concurso. A razón é que se convocaron para a oposición un maior número de prazas das que agora teñen dispoñibles para outorgar destino, polo que se tivo que tomar a decisión de retirar do concurso aquelas prazas que non tiveran sido cubertas a resultas no do ano pasado. Entendemos que é un problema grave ao que a Dirección Xeral ten que buscar solución e que ningún aprobado/a se debe ver prexudicado/a pola mala previsión das persoas responsables, pero ofertando un menor número de prazas estase aminorando tamén a posibilidade de que os compañeiros e compañeiras que están destinados/as fóra de Galiza ou lonxe do seu domicilio poidan acadar unha praza máis próxima. Denunciamos polo tanto o mal facer da Administración neste caso así como o prexuízo que se está a causar ás persoas que quere

PARABENS Á SUBIDA SALARIAL ACADADA EN EUSKADI

Desde CIG-Xustiza queremos parabenizar as e os compañeiras/os de Euskadi polo acordo alcanzado onte co Goberno Vasco. Dito acordo supón un aumento retributivo do 13% e recolle a reivindicación histórica do colectivo de equiparar os salarios as táboas do persoal homologado da Administración Xeral da Comunidade Autónoma Vasca. As asambleas de traballadores e traballadoras celebradas no día de onte nas 3 cidades vascas ratificaron este acordo que supón o seguinte:  • Respétase a modalidade da xornada de I persoal de xustiza con todas as súas especificidades, incluído os días que resultan do exceso. • Incremento das retribucións brutas anuais nas seguintes cantidades:   FORENSES : 3.254,76€  XESTIÓN: 4.611,32€  TRAMITACIÓN: 4.007,64€  AUXILIO: 3.461,08€ • O abono das cantidades sería un 50% a sinatura do acordo e outro 50% o 1 de xaneiro de 2024, momento no que se vería alcanzada a equiparación salarial • Recoñécese un plus salarial para as traballadoras nos Xulgados de Violencia contr