Despois
das reiteradas solicitudes da CIG-Xustiza para que a Dirección
Xeral convocase tanto a Mesa Sectorial coma o Comité de Seguridade e
Saúde Laboral, hoxe ven de remitirnos un correo electrónico polo que procede a convocar unicamente o CSSL, para o
próximo martes día 14, a través de videoconferencia.
Coa
non convocatoria da Mesa Sectorial a Administración segue sen abrir
unha canle de comunicación directa coas OO.SS. que, tendo en conta que as
nosas delegadas e delegados están en contacto permanente co persoal,
coñecemos de primeira man as necesidades reais da Administración de
Xustiza nestes momentos de crise sanitaria, e poderíamos aportar
moito máis que outros operadores cos que si mantén comunicación á
Dirección Xeral.
De orde do director xeral, comunícase que se están a realizar as xestións oportunas coa Amtega para a celebración, por videoconferencia, do Comité de Seguridade e Saúde na seguinte data e hora indicados:Data: 14/04/2019Hora: 12:00 h.Lugar: enlace pendente de confirmaciónOrde do día
- Lectura e aprobación da acta da reunión anterior
- Covit-19
Comentarios
Publicar un comentario